
Os ensaios desta montaxe comezarán a finais de ano, inmediatamente despois da fin da xira de A serie clopen, a segunda das producións propias da compañía institucional para a presente temporada 2024-2025. A súa chegada aos escenarios está prevista para o inicio de 2026, cando comezará a ensaiarse tamén Hamlet cara á súa estrea a mediados de marzo.
Regreso a Shakespeare
Neste caso, Tito Asorey na dirección e Vanesa Sotelo na dramaturxia asinarán, desde unha perspectiva innovadora e comprometida, a reinterpretación da que pode considerarse como a obra máis famosa do teatro universal. Un elenco de 16 actrices e actores interpretará este novo achegamento do Centro Dramático Galego ao universo shakespeariano, no que afondou en diferentes ocasións desde 1989 con As alegres casadas ata 2023 con Shakespeare en Roma, pasando por Un soño de verán en 1992 ou Noite de Reis en 2007.
Segundo especifican as bases publicadas hoxe na web da Axencia Galega das Industrias Culturais, o prazo de solicitude para participar neste proceso dará comezo mañá e permanecerá aberto ata o 18 de xuño. As probas constarán dunha fase de valoración dos perfís profesionais en función do grao de coincidencia coas propostas artísticas e dunha segunda de audicións para avaliar tanto a interpretación textual, xestual e a adecuación aos roles, como a capacidade de integración no traballo coral, coreográfico e de manipulación de elementos.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.