Noticias

Os concertos do Xacobeo traen a Vigo a Al Di Meola, un dos máis grandes guitarristas norteamericanos

O músico norteamericano acumula, entre outros logros, catro discos de ouro, dous de platino e máis de seis millóns de discos vendidos en todo o mundo. A lista de recoñecementos que recibiu ao longo dos anos é tamén extensa: entre outros, un doutor Honoris Causa do prestixioso Berklee College of Music, o Premio Honorífico Miles Davis outorgado polo Festival de Jazz de Montreal, un Premio á Traxectoria da BBC outorgado por sir George Martin en 2008 ou numerosos nomeamentos e premios Grammy. Al Di Meola, un auténtico xenio da guitarra e un prolífico compositor, acumula máis de 30 álbums como líder, ademais de moitos outros onde participou, con figuras como o supergrupo de fusión Return to Forever, o célebre Guitar Trio ou o trío Rite of Strings.

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, anunciaron unha nova actuación en Vigo dentro da programación dos Concertos do Xacobeo. Trátase de Al Di Meola, o xenial guitarrista e compositor norteamericano, que saltará ao escenario do Teatro Afundación da cidade o vindeiro 16 de novembro dentro do cartel do Gozo Festival.

“Hoxe podemos anunciar unha nova actuación que conta co apoio da Xunta de Galicia e que se une a outros eventos xa programados na nosa cidade como o Galicia Fest, os concertos de Iván Ferreiro, Anastacia e festivais coma One Dance Festival, Vigo Porté e o espectáculo Carmina Burana de La Fura dels Bauls”, destacou Ana Ortiz.

Pola súa banda, Xosé Merelles incidiu na repercusión social e económica que aportan este tipo de eventos musicais enmarcados nos Concertos do Xacobeo. “Xeran gasto e riqueza cultural e convértense nun activo da cidade para atraer a públicos curiosos de diferentes puntos de España”, apuntou.

Xunto á delegada da Xunta e ao director de Turismo de Galicia, tamén participou na presentación o director de Sweet Nocturna, David Lago, que definiu a Al Di Meola como “un dos grandes guitarristas do noso tempo, cun currículo ao alcance de poucos, e cunha exitosa traxectoria que abarca xa máis de catro décadas”.

Máis de seis millóns de discos vendidos

O músico norteamericano acumula, entre outros logros, catro discos de ouro, dous de platino e máis de seis millóns de discos vendidos en todo o mundo. A lista de recoñecementos que recibiu ao longo dos anos é tamén extensa: entre outros, un doutor Honoris Causa do prestixioso Berklee College of Music, o Premio Honorífico Miles Davis outorgado polo Festival de Jazz de Montreal, un Premio á Traxectoria da BBC outorgado por sir George Martin en 2008 ou numerosos nomeamentos e premios Grammy.

Al Di Meola, un auténtico xenio da guitarra e un prolífico compositor, acumula máis de 30 álbums como líder, ademais de moitos outros onde participou, con figuras como o supergrupo de fusión Return to Forever (con Chick Corea, Stanley Clarke e Lenny White), o célebre Guitar Trio (con John McLaughlin e o seu admirado Paco de Lucía), ou o trío Rite of Strings (co baixista Clarke e o violinista Jean-Luc Ponty).

O músico de New Jersey colaborou tamén con artistas como Luciano Pavarotti; estrelas do pop como Paul simon, Stevie Wonder ou Phil Collins; referentes do rock como Jimmy Page, Steve Vai, Carlos Santana ou Frank Zappa; ou grandes músicos de jazz como Herbie Hancok ou Les Paul. Pioneiro na fusión de músicas do mundo e jazz, continuou explorando ao longo da súa carreira a rica influencia do flamenco, o tango, a música de Medio Oriente, brasileira ou africana.

Concertos do Xacobeo: un programa plural

A Xunta de Galicia continúa firme na súa aposta por posicionar á comunidade galega como destino turístico de grandes eventos musicais a través dos Concertos do Xacobeo, un programa amplo e plural impulsado pola Xunta que da cobertura a todas as grandes citas e espectáculos musicais en 2025, como o Gozo Festival, O Son do Camiño, o Morriña Fest, o novo Festival Jaleo!, o PortAmérica, o Resurrection, o Caudal Fest, o Río Verbena, o Orballo Cultural e máis dun centenar de festivais, ciclos e concertos imprescindibles en máis de 50 localidades de toda Galicia.

Máis de 700 artistas internacionais, nacionais e galegos de todos os xéneros que pisan forte nas listas de escoitas de agora e de sempre visitarán neste 2025 os Concertos do Xacobeo. A aposta pola calidade e a diversidade de gustos e estilos para diferentes xeracións de públicos constitúe un atractivo único programa, que un ano máis propón 12 meses de música en directo, favorecendo o turismo e a oferta cultural de xeito deslocalizado ao longo de todo o ano.

R., 2025-05-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Así o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos países e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.

Notas

A iTERRA Night 2026 achegará o 25 de setembro a investigación que se realiza dende o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible do Campus Terra da USC á cidadanía a través dunha tarde de ciencia, experimentación e aprendizaxe para diferentes idades. A iniciativa desenvólvese no soto da Praza de Abastos lucense como evento asociado á European Researchers’ Night, unha iniciativa das Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA).
Os laboratorios do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO), pertencente á Rede Cigus, volveron converterse nun espazo aberto á cidadanía coa celebración dunha nova edición da súa xornada de portas abertas, unha iniciativa integrada no programa de divulgación científica Ciencia con C de CINBIO. Máis de 80 persoas de diferentes idades participaron nesta actividade, deseñada para achegar a investigación que se desenvolve no centro ao público dun xeito participativo e próximo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES