Noticias

Galicia incorporou en abril a preto de 3.000 novos dependentes atendidos

O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Plan de simplificación e axilización de dependencia e discapacidade permitiu acadar preto de 3.000 novos atendidos en abril, o que supón un récord histórico mensual desde que hai rexistros. Durante a sesión de control no Pleno do Parlamento, o presidente da Xunta afirmou que o Goberno galego vai “seguir traballando” en materia de dependencia e puxo en valor as cifras de atendidos en Galicia, que hoxe acadan o seu máximo con máis de 79.600 persoas no sistema. Nesta liña, recordou que desde xaneiro a Xunta de Galicia resolveu máis de 32.000 expedientes de dependencia e discapacidade, un 70% máis que o mesmo período do ano anterior. Uns datos que son posibles grazas “aos funcionarios que están traballando para que ese plan de choque sexa unha realidade”, remarcou o presidente.

Para seguir axilizando os tempos e ampliando os servizos, Rueda instou ao Goberno central a cumprir coa Lei de Dependencia e a aboar a Galicia os máis de 2.500 M€ de débeda contraída nesta materia.

Por último, o titular do Goberno galego sinalou que as persoas maiores son “unha parte fundamental de Galicia” e que o obxectivo é seguilas “respectando e defendendo”, por iso incidiu en que se están a impulsar máis medidas como a creación de 1.800 novas prazas en residencias, as estratexias de loita contra o idadismo e a soidade non desexada ou o impulso do envellecemento activo.

Datos de emprego

Na súa intervención, o presidente da Xunta fixo balance dos datos de emprego coñecidos recentemente, afirmando que son bos para a Comunidade galega pero que se debe traballar para melloralos e que “Galicia siga sendo unha terra de futuro”.

Neste sentido, Rueda mencionou que o desemprego na nosa comunidade acadou no mes de abril o seu mínimo histórico, con 115.545 persoas caendo, tanto a nivel interanual como intermensual, nas catro provincias, nas sete cidades e en todos os sectores produtivos, así como que obtivo o mellor nivel de afiliacións nun mes de abril de toda a serie, con 1.087.434 persoas.

Ademais, Galicia foi a terceira comunidade na que máis baixou o paro no último ano, evolucionando tres puntos mellor que na media nacional, e conseguiu atallar nos últimos meses o problema do “absentismo laboral”. Así, por exemplo, no ano 2025 a prevalencia dos procesos que duraron un mes reduciuse nun 14,68 respecto do ano 2024 ou a prevalencia dos procesos que duraron 10 meses reduciuse nun 14,36 respecto do ano 2025.

R., 2025-05-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (ramon-pineiro-egeria.jpg) Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).
Foto de la tercera plana (galicia-ilusiona-2026.jpg) Foio presentada a quinta edición de Galicia Ilusiona, o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, que volverá converter a comunidade nun referente internacional da maxia durante os meses de novembro e decembro de 2026. Dirixido por Pedro Bugarín e Dani Polo, o festival, reunirá a seis artistas internacionais multipremiados: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak , Bonjin Koo e Diego @ Elena, que ofrecerán o mellor do ilusionismo en diferentes teatros e auditorios galegos, achegando espectáculos a milleiros de espectadores. A programación das galas Internacionais desenvolverase en oito cidades galegas: A Coruña, Cangas, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago de Compostela, entre o 20 de novembro e o 13 de decembro.

Notas

A Casa de Rosalía en Padrón acolleu a presentación pública de 'TERRAVERSO. Laboratorio de Arte, Ciencia e Comunidade en torno ao Patrimonio Literario Rural', un proxecto liderado pola Universidade da Coruña (UDC), en colaboración coa Asociación de Casas-Museo e Fundacións de Escritores (ACAMFE) e financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), na modalidade Arte, Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade (ACTS).
A actriz e narradora oral Atenea García, o poeta e narrador Celso Sanmartín e as e os finalistas do certame 'Bótalle un conto' protagonizarán 'Contos de inverno', o ciclo de contacontos para adultos que promove a Vicerreitoría do campus. Dirixido a pór en valor a literatura de transmisión oral como parte do patrimonio inmaterial galego, así como subliñar o seu papel na preservación de tradicións, mitos ou lendas, este ciclo desenvolverase os días 19 e 25 de novembro, e 3 de decembro, na Casa das Campás.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES