
É o caso das dúas películas que veñen de marcar un fito para o audiovisual galego coa súa selección na Sección Oficial do Festival de Cannes Sirat, de Oliver Laxe, e Romería, a película que Carla Simón rodou na provincia de Pontevedra, así como dos últimos traballos de cineastas como Noemí Chantada, Santos Díaz, Anxos Fazáns, Andrés Goteira, Ángeles Huerta, Lois Patiño, Sandra Sánchez, Ángel Santos, Diana Toucedo ou Alfonso Zarauza, entre moitos outros.
Todas as producións (30 películas de ficción, 21 documentais, catro obras de animación e sete formatos televisivos) dispoñen da súa propia entrada no catálogo, onde se poden consultar a ficha artística e técnica, a sinopse, a imaxe do cartel, o palmarés e os contactos para a venda e distribución. Inclúe, así mesmo, unha listaxe das correspondentes compañías produtoras.
Música de De Ninghures para o vídeo promocional
Como en anos anteriores, a publicación edítase en inglés, con versión física e dixital interactiva, e acompáñase dun vídeo promocional para o que, neste caso, se conta coa música do grupo galego De Ninghures co tema O último baile, inserido no seu novo traballo discográfico.
A través da marca Films from Galicia, o Goberno galego contribúe a impulsar a proxección exterior do noso audiovisual, así como a poñer en valor a calidade e a variedade da oferta galega, ademais de contribuír á difusión de Galicia como escenario de rodaxe. Con ela estará apoiando, por exemplo, a representación galega no festival de Cannes e no Marché du Film que se desenvolve en paralelo ao prestixioso certame francés.
Esta compilación compleméntase coa das curtametraxes do catálogo Shorts from Galicia, que comezou a difusión da edición de 2025 o pasado mes de febreiro durante a celebración do mercado profesional asociado a festival de Clermont-Ferrand, tamén en Francia.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.