
David Cabañó explicou que os datos do Banco de España poñen de manifesto que a débeda de Galicia é 6,6 puntos menor que a media das comunidades o que se facemos o exercicio de converter eses puntos en millóns significa entre 5.400 e 5.500 millóns de euros menos que a media, 1.500 millóns máis que a quita da débeda que ofrece o Goberno central e que é débeda que Galicia non chegou a emitir, aforrando 85 M ao ano en xuros.
Menos débeda que no 2012
Para o secretario xeral Técnico de Facenda, os datos poñen de manifesto que Galicia continúa na senda da redución do endebedamento, estando as cifras de 2024 por baixo dos niveis de 2012. Galicia é unha comunidade responsable e prudente na xestión do seu endebedamento, concluíu David Cabañó, que quixo deixar claro que as galegas e os galegos non temos na débeda un problema de sustentabilidade financeira.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.