
Jesús Gamallo lembrou que Galicia é a primeira rexión pesqueira da Unión Europea e advertiu de que a inexistencia dunha verdadeira política social comunitaria da pesca leva a un serio problema de relevo xeracional no sector o que, sumado á inseguridade xurídica e á incerteza, provoca a desaparición e a destrución de frotas pesqueiras e empregos na UE.
Sectores do automóbil e do viño
A Xunta tamén contribuíu á resolución urxente sobre o reforzo da dimensión territorial na aplicación do Plan de Acción Industrial para o Sector Europeo do Automóbil, anunciado o mes pasado. En concreto, chamou a atención sobre a importancia de promover a compra de compoñentes de orixe local para reducir as emisións de CO2 e a pegada de carbono, demandando que os instrumentos de apoio económico ás empresas inclúan criterios de avaliación que impulsen a compra a provedores da UE.
Así mesmo, no marco deste pleno constituíuse un intergrupo no Comité dedicado ao viño. Galicia sumouse a esta iniciativa que se estreou cunha declaración para protexer as rexións e o sector vitivinícolas fronte ás disputas arancelarias inxustificadas, en referencia ás políticas anunciadas polos Estados Unidos e á resposta da UE. O texto advirte do impacto que implican estas tensións e reclama ao CdR que recoñeza a importancia dos produtos vitivinícolas para a identidade cultural e rexional, a economía e as estruturas sociais europeas, ademais de reclamar á Comisión Europea e ao Parlamento Europeo que manteñan o viño á marxe das disputas arancelarias.
Galicia no Comité Europeo das Rexións
O Comité Europeo das Rexións (CdR) é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. A sesión plenaria do CdR reúnese seis veces ao ano. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o propio presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE. Durante este mandato, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ocupa a presidencia da delegación española, composta por 21 representantes das comunidades autónomas e dos municipios, e unha das vicepresidencias da Mesa.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.