
Estas actuacións centraranse en cinco áreas: obradoiros prácticos sobre ciberseguridade; cesión de ferramentas e recursos de valor; consulta a expertos en seguridade dixital; xeración de coñecemento e almacenamento de documentación especializada; e creación de pílulas formativas adaptadas ás necesidades das empresas.
No último ciclo de actividades do grupo de traballo de Empresas participaron máis de 20 entidades colaboradoras do Nodo que levaron a cabo cerca de 20 actividades, das que se beneficiaron máis de 300 profesionais.
Dende a súa creación, o Nodo CIBER.gal aliñou as súas iniciativas cos obxectivos estratéxicos de Galicia en ciberseguridade, e apoiou a sensibilización e capacitación de colectivos chave na cidadanía, o tecido empresarial e a Administración pública.
A programación poderase coñecer a través da web ciberseguridadegalicia.gal, na que as empresas e profesionais interesados poden dispoñer de toda a información necesaria para participar.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.