Noticias

Galicia reivindica a descentralización da xestión pesqueira comunitaria a través dunha maior participación das rexións na toma de decisións

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou na Asemblea Extraordinaria da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) na que reivindicou a descentralización da xestión pesqueira a través dunha maior participación das rexións marítimas na toma de decisións. Así, subliñou que resulta esencial impulsar garantir a participación proactiva das autoridades rexionais, xunto coas institucións comunitarias, Estados membros, organismos científicos e o propio sector, entre outros, nun marco de cooperación entre os diferentes axentes implicados.

Nesta liña, apostou por una rexionalización da PPC que proporcione mellores condicións para a colaboración entre os principais actores das concas marítimas apoiando e consolidando a experiencia destas administracións en materia de coxestión establecendo un novo espazo para elas no marco da política pesqueira comunitaria. Un coñecemento e know how que pode contribuír a un modelo de xestión pesqueira máis eficaz, adaptado ás singularidades de cada territorio e que responda ás necesidades e desafíos do conxunto da cadea mar-industria europea.

Por outra banda, Alfonso Villares subliñou a necesidade dunha definición máis ampla e apropiada da pesca costeira artesanal xa que debería atender criterios como a duración das saídas para a pesca, a capacidade de desembarcar diariamente peixe fresco para a súa venda nos mercados locais así como a forte conexión coas comunidades costeiras e ás súas economías locais. Así, demandou que esa nova definición sexa recollida explicitamente no regulamento (UE) Nº1380/2013 e, en consecuencia, sexan actualizados o resto de actos lexislativos pertinentes.

O responsable autonómico, que ostenta a presidencia do grupo de traballo Marítimo e de Pesca da organización, situou como urxente a realización de mellores avaliacións e máis amplas ao redor do impacto do cambio climático e de todas as actividades humanas sobre as poboacións de peixe e a acuicultura. Nesta liña resaltou que unha xestión sostible destas poboacións de especies comerciais debería sustentarse nun enfoque amplo dos ecosistemas e non só no axuste á baixa dos esforzos pesqueiros. Ademais, apostou por unha nova definición de capacidade pesqueira xa que, os quilovatios ou os tonelaxes xa non criterios relevantes para alcanzar obxectivo do Rendemento Máximo Sostible (RMS).

Por último, o conselleiro tamén reclamou maiores recursos económicos para cofinanciar un Blue Deal ambicioso sen ir en detrimento dunha PPC que atenda ás necesidades específicas do sector pesqueiro e acuícola. Neste punto, lamentou que a Comisión lanzara simultaneamente a convocatoria de probas e a consulta do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020 e a avaliación intermedia do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura 2021-2027 e que as mesmas non foran dotadas cun calendario máis amplo que permitira unha maior participación de representantes do sector.

R., 2025-03-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES