Noticias

Galicia mostra as capacidades e oportunidades da I+D+i galega no foro europeo Transfiere

Transfiere é un dos principais eventos europeos sobre I+D+i e transferencia. O seu obxectivo é conectar todo o sistema español de innovación e impulsar a súa proxección internacional. Os seus eixos temáticos son o talento, o desenvolvemento científico-tecnolóxico, o acceso a investimento e as oportunidades de negocio, co fin último de xerar alianzas y sinerxías globais. Neste marco, a Xunta impulsa a participación neste evento co obxectivo de facilitar oportunidades de colaboración para a investigación e a innovación feitas en Galicia. A Xunta de Galicia promove a participación de máis dunha vintena de entidades do ecosistema galego de I+D+i neste foro europeo, que se celebra no Palacio de Feiras e Congresos de Málaga, onde están a explorar novas alianzas e oportunidades para os seus proxectos.

A Xunta de Galicia promove a participación de máis dunha vintena de entidades do ecosistema galego de I+D+i no foro europeo Transfiere, que se celebra entre hoxe e o venres no Palacio de Feiras e Congresos de Málaga, onde están a explorar novas alianzas e oportunidades para os seus proxectos e capacidades de transferencia de coñecemento.

A delegación galega, encabezada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP a través da Axencia Galega de Innovación, conta cun stand institucional na feira no que están representados tamén a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a Consellería de Economía e Industria e a Consellería de Sanidade; as universidades da Coruña, Santiago e Vigo, con seis dos centros de investigación da Rede CIGUS (CiMUS, CiTIUS, CiQUS, CRETUS, AtlanTTic e CIM); a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS); o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC); a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), con cinco dos seus centros (AIMEN, ANFACO, CETIM, CTAG e GRADIANT); o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), o Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), o Digital Innovation Hub de Galicia (DIHGIGAL), a Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga), o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia (Bioga), o Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec) e Unirisco.

A Xunta de Galicia participa tamén en varias mesas redondas do evento para compartir a súa experiencia e visión sobre as políticas públicas de apoio á transferencia de coñecemento. A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, que participou hoxe na inauguración do evento, intervirá mañá nunha mesa redonda sobre o Plan Complementario de Transferencia e o seu impacto rexional. A directora poñerá o foco na colaboración público-privada para impulsar a transferencia de coñecemento e explicará o impulso a convocatorias como as Unidades Mixtas de Investigación ou Nexos.

Ademais, a Consellería de Ciencia participará noutras dúas mesas redondas sobre como maximizar o financiamento público da I+D+i a través da cooperación territorial e sobre o futuro da carreira profesional na transferencia de tecnoloxía. Estas sesións permitirán poñer en valor o programa Ignicia Transferencia de Coñecemento e as novas actuacións previstas no Plan Galego de I+D+i 2025-2027 para impulsar a valorización do coñecemento, como o impulso do emprendemento científico a través do modelo venture building e a creación dunha oficina piloto de valorización do sector biotecnolóxico.

O programa Ignicia, no marco do cal se inscribe a participación neste evento, busca mellorar a transferencia dos resultados da investigación realizada nos centros de coñecemento galegos ao tecido produtivo. Singular e pioneiro en España, apoiou desde 2016 un total de 32 proxectos, dos que 13 xa están no mercado, e se crearon 10 spin-offs e tres acordos coa gran industria, cun investimento de 16,6M€. Estes proxectos deron pé a crear 140 empregos de alta cualificación e a captación de máis de 26M€.

Proxectos da Compra Pública Innovadora

Pola súa banda, a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, presentou hoxe o proxecto SICLE CO2, que é un dos proxectos beneficiados ao abeiro da Compra Pública Innovadora e que ten como obxectivo unha solución integral para o desenvolvemento do mercado voluntario de créditos de carbono. Esta iniciativa, que comprendería o período 2025-2028, suporía un investimento de 6,8 millóns de euros dos que 4,1 millóns de euros se corresponden con fondos europeos.

Este proxecto incorpora innovacións de vangarda que permiten unha monitorización precisa e en tempo real dos sumidoiros naturais de carbono. Deste xeito, este sistema avanzado optimiza a análise e seguimento do potencial de absorción dos distintos ecosistemas, facilitando a toma de decisións orientadas á compensación de emisións, ao tempo que garante a transparencia e seguridade nas transaccións de créditos de carbono mediante ferramentas dixitais integradas.

Finalmente, a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, tamén participará mañá nunha mesa redonda sobre a creación de riqueza a través da innovación, falando sobre o presente e o futuro das iniciativas estratéxicas de Compra Pública de Innovación.

Sobre Transfiere

Transfiere é un dos principais eventos europeos sobre I+D+i e transferencia. O seu obxectivo é conectar todo o sistema español de innovación e impulsar a súa proxección internacional. Os seus eixos temáticos son o talento, o desenvolvemento científico-tecnolóxico, o acceso a investimento e as oportunidades de negocio, co fin último de xerar alianzas y sinerxías globais. Neste marco, a Xunta impulsa a participación neste evento co obxectivo de facilitar oportunidades de colaboración para a investigación e a innovación feitas en Galicia.

R., 2025-03-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES