Noticias

Prorrogada ata o 30 de marzo a exposición 'O Camiño en viñetas', que xa foi visitada por máis de 7.500 persoas

A mostra leva o Camiño de Santiago ata novas formas de expresión, como son o cómic e a banda deseñada e artéllase arredor da publicación 'A aventura xacobea de Simón Martel', centrada na adolescente que lle da nome. Esta é unha personaxe de longa tradición no cómic galego, protagonista de sete libros desde 1994. Martel lánzase a percorrer o Camiño cos seus tíos e un amigo. Durante o percorrido vanse cruzando con distintos personaxes reais e situacións a través das que repasar a historia e a importancia das peregrinacións a Santiago.

A boa acollida da exposición ‘O Camiño en Viñetas’, promovida por Turismo de Galicia, asegura a súa continuidade durante dous meses máis. En concreto, poderá visitarse ata o día 30 de marzo despois de ser inaugurada o pasado mes de novembro no Museo das Peregrinacións e de Santiago. Máis de 7.500 persoas xa a visitaron ata o pasado 31 de xaneiro.

A mostra leva o Camiño de Santiago ata novas formas de expresión, como son o cómic e a banda deseñada e artéllase arredor da publicación ‘A aventura xacobea de Simón Martel’, centrada na adolescente que lle da nome. Esta é unha personaxe de longa tradición no cómic galego, protagonista de sete libros desde 1994, ano no que se publicou o primeiro. Neste caso, Martel lánzase a percorrer o Camiño cos seus tíos e un amigo. Durante o percorrido vanse cruzando con distintos personaxes reais e situacións a través das que repasar a historia e a importancia das peregrinacións a Santiago.

Concretamente, ata finais de xaneiro, 7.505 persoas visitaron este proxecto expositivo, o que da a medida do interese por afondar en novas formas de representación do Camiño de Santiago, que permiten achegar a súa traxectoria histórica e transcendencia a distintos públicos. Isto entronca coa estratexia de Turismo de Galicia de divulgar e promover as rutas xacobeas desde calquera expresión en xeral, como son neste caso a creación artística e o humor.

‘O Camiño en viñetas’ é unha produción de Turismo de Galicia e conta coa colaboración de Fausto Isorna, debuxante; Gemma Sesar, quen se encargou do argumento; e de Pablo Rosendo, Pepe Quintela, Axeitos&Co e Daexga, que participaron no deseño e montaxe.

R., 2025-02-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES