
A Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica, vén de asinar un novo acordo coas Comunidades de Castilla y León, Andalucía, Valencia, Navarra, Extremadura e Murcia para desenvolver contidos e compartir recursos orientados á capacitación dixital da sociedade. O convenio recolle o compromiso dos sete gobernos autonómicos de aglutinar esforzos e evitar duplicidades para facilitar o acceso de toda a cidadanía á acreditación en competencias dixitais.
O primeiro convenio, asinado en 2021, foi clave en Galicia para o desenvolvemento da plataforma de certificación, así como para a elaboración dos contidos das probas para obter a acreditación en competencias dixitais. Este novo acordo establece catro espazos de colaboración entre comunidades: un para coordinar temas relativos á autodiagnose das competencias dixitais; un segundo espazo centrado na formación; o terceiro para as cuestións relativas á certificación, e un cuarto espazo para colaborar na promoción e difusión das competencias dixitais a través o intercambio de boas prácticas, eventos ou actividades divulgativas.
Primeira comunidade con marco propio en competencias dixitais
Galicia foi a primeira comunidade autónoma en adaptar a súa normativa ao Marco europeo, creando o Marco galego de competencias dixitais, que acredita coñecementos en 21 competencias agrupadas en cinco áreas de dominio. As acreditacións fóronse implantando inicialmente no ámbito educativo e no sector público autonómico e en 2024 convocáronse as primeiras probas para a cidadanía.
Para este 2025 están xa fixadas as probas para a obtención do certificado nos tres ámbitos e máis de 1.000 persoas estanse a formar no niveis de iniciación e intermedio que oferta a Rede de aulas públicas CeMIT.
O 70% dos galegos con competencias dixitais básicas no 2025
O 64,1% dos galegos ten competencias dixitais básicas ou avanzadas e o obxectivo da Xunta é que esa porcentaxe se amplíe ao 70% en 2025. Por iso, unha das últimas iniciativas que puxo en marcha a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia é un programa formativo de carácter gratuíto e 100% online para facilitar a capacitación en competencias dixitais a máis de 45.000 persoas de entre 14 e 74 anos.
O programa Formación Dixital, financiado a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (Next Generation da Unión Europea), ofrece, neste momento, un curso de nivel intermedio, cunha duración máxima de 10 semanas con titorías personalizadas con especialistas.
Este itinerario formativo súmase á capacitación gratuíta que se ofrece a través da Rede CeMIT e en colaboración con outras entidades e voluntarios, para facilitar a adquisición de competencias dixitais e ampliar as oportunidades da cidadanía, o acceso ao emprego e a redución das fendas dixitais.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.