
A Xunta de Galicia apoia de novo o Coruña Sounds na edición 2025 co concerto, o 19 de xullo, no Porto da Coruña da banda Arde Bogotá. Trátase dunha cita que conta co respaldo de Turismo de Galicia na súa estratexia de apoio a grandes eventos musicais como reforzo da oferta turística urbana da cidade.
Coruña Sounds repite a fórmula de música en directo con grandes nomes e bandas tras o éxito acadado nas dúas edicións anteriores. Arde Bogotá presentará na Coruña un dos seus concertos exclusivos en España, cun concepto de show a partir dun road trip e unha viaxe persoal que ten lugar durante o inicio e o final dunha eclipse.
As entradas para este concerto xa se poden adquirir desde este venres en www.exoplaneta.es e www.brigthenoise.events.
Con este espectáculo dáse continuidade ao ciclo de concertos Coruña Sounds que levou á cidade nos últimos meses, co apoio de Turismo de Galicia, a artistas como Emilia, Camilo, Robe e Luis Miguel. Tamén co respaldo da Xunta se van celebrar en 2025, o concerto de Lenny Kravitz o 10 de abril; Chayanne o 18 de maio e Leiva o 12 de xullo.
Ademais no último ano tamén actuaron na cidade herculina Raphael en novembro e Rod Stewart e Sara Baras en decembro, entre outros.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.