
O incremento da demanda turística prodúcese nun contexto do aumento tamén da oferta dispoñible, cun volume de prazas ofertadas que tamén se incrementa o 2,5%.
Turismo internacional
Os datos do Instituto Nacional e Estatística (INE) destacan tamén o bo comportamento do turismo internacional que medra o 13,2% no volume de noites hoteleiras e o 13,4% en viaxeiros aloxados no pasado mes de outubro. De feito, o turismo estranxeiro supón o 34% da demanda turística en Galicia no mes de outubro.
O turismo interno, o realizado polos residentes na Comunidade galega, tamén experimenta un crecemento do 4,2% no volume de noites hoteleiras e do 2,6% na cifra de viaxeiros.
Estas cifras repercutiron no incremento dos niveis de rendibilidade hoteleira nos dez primeiros meses do ano, que sobe un 7%. Estímase que o sector hoteleiro galego obtivo uns ingresos totais nominais de máis de 390M de euros neste período.
Publicada en 1603, a traxedia do príncipe de Dinamarca pisa agora o escenario do Centro Dramático Galego cunha versión que sitúa no presente os seus conflitos e as tensións da coñecida trama: Hamlet enfróntase á morte do pai, ao precipitado matrimonio da súa nai co seu tío e á aparición dun fantasma que lle esixe vinganza, nunha historia marcada pola traizón, o remorso e a procura de certezas nun mundo moralmente corrompido. Nesta nova montaxe constrúese ao longo de 130 minutos unha peza viva, accesible e tamén divertida, sen renunciar á profundidade do texto orixinal. A intención é ofrecer un espectáculo no que o público galego poida verse reflectido dalgún xeito, recoñecendo cuestións, contradicións e dilemas que tamén forman parte da nosa época.
A Real Academia Galega de Ciencias elixiu á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como 'Científica Galega do Ano'. Foi unha investigadora de referencia internacional no estudo dos océanos, labor que exerceu desde o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, pertencente ao CSIC. O investigador do Instituto José Luís Garrido, quen, ademais de traballar durante tres décadas con Aida Fernández Ríos mantivo con ela unha relación moi estreita, destaca o que el chama 'o efecto Aida': 'Tiña un carisma extraordinario e un encanto persoal tremendo'.