Noticias

Inaugurada a mostra 'Convidadas: dúas miradas de Zuloaga' en colaboración co Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía

A mostra Convidadas: dúas miradas de Zuloaga estará aberta ao público ata o vindeiro 23 de febreiro de 2025 na sala cinco do Museo de Belas Artes da Coruña. As obras seleccionadas son dous retratos do artista Ignacio Zuloaga (1870-1945), pintados ambos en París en 1912, que exemplifican o seu amplo labor como retratista. Son dúas figuras femeninas, o Retrato da señora Mlinowska, a Rusa, e A bailaora Antonia, a galega, que ofrecen dúas visións diferentes da maneira de concibir a imaxe da muller por parte de Zuloaga.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a mostra Convidadas: dúas miradas de Zuloaga, que acolle o Museo de Belas Artes da Coruña e coa que se inicia un novo ciclo de exposicións que traerá obras doutros museos e coleccións españolas a este espazo. Esta primeira proposta é unha colaboración co Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía que achega ata a institución coruñesa dous retratos feitos por Ignacio Zuloaga, mantendo un diálogo con outras obras da propia colección permanente do museo.

Durante a presentación, o director xeral de Cultura puxo en valor as conexións artísticas de Zuloaga con Galicia, a simboloxía das súas pinturas e a influencia noutros pintores galegos como Xesús Corredoyra. Neste senso, fixo fincapé no compromiso do Goberno autonómico en seguir apoiando aos centros museísticos na promoción da arte e doutras actividades que completan a diversa oferta cultural da Comunidade.

A rusa e a galega

A mostra Convidadas: dúas miradas de Zuloaga estará aberta ao público ata o vindeiro 23 de febreiro de 2025 na sala cinco do Museo de Belas Artes da Coruña. As obras seleccionadas son dous retratos do artista Ignacio Zuloaga (1870-1945), pintados ambos en París en 1912, que exemplifican o seu amplo labor como retratista e no que conflúen tendencias das vangardas francesas con evocacións da retratística de Velázquez ou Goya.

Son dúas figuras femeninas, o Retrato da señora Mlinowska e a Rusa e A bailaora Antonia, a galega, que ofrecen dúas visións diferentes da maneira de concibir a imaxe da muller por parte de Zuloaga. A elección destas obras responde á vinculación con Galicia, xa sexa por cuestións vitais, como é o caso de Malinowska, como polos motivos representativos ou simbólicos, implícitos no apelativo da bailaora.

R., 2024-11-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES