
O modo de funcionamento do Carné +65 é moi sinxelo: Simplemente hai que presentalo no momento de realizar un pagamento ou unha reserva, e o establecemento aplicará o desconto ou vantaxe de forma directa, sen necesidade de realizar ningún trámite.
Esta tarxeta está sendo enviada por correo a todos os posibles beneficiarios, aínda que para aqueles/as que non o recibisen, poden solicitar unha provisional enviado un correo electrónico a [email protected].
Así, os maiores galegos poderán conseguir viaxes especiais programadas a precios reducidos, ata un 20% de desconto en hoteis e casas rurais da nosa comunidade, 10% de desconto directo en voos, ata un 30% de desconto en lentes graduadas, 2x1 en audífonos ou 10% de desconto en restaurantes, moda e complementos.
Na web do Carné +65 aparecen os máis de 280 establecementos adheridos, clasificados por categorías (Hoteis e Casas Rurais, Axencias de Viaxes, Balnearios, Saúde e Coidados, Moda e Compementos, Cultura e Espectáculos, Gastronomía, Outros Servizos Turísticos e Outros Establecementos Comerciais) e provincias.
Para máis información acerca desta campaña, pódese consultar a web: carne65.xunta.gal.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.