
A instalación constará tanto de proxeccións dixitais como de esculturas creadas a través de técnicas como a fotogrametría e a impresión 3D. Estas imaxes non procuran ser representacións fieis da natureza, senón creacións a partir de imaxes degradadas ou de baixa resolución, nas que a máquina enche os datos que faltan. A través deste proceso, xérase un tipo de natureza onde os erros dixitais e as fallas na captura de datos se converten en parte esencial da obra: nacen do erro e a visión imperfecta da tecnoloxía, dos ollos dunha máquina que percibe o mundo segundo o algoritmo, coas súas limitacións e reinterpretacións.
O proxecto Phygital land fundaméntase así na teoría da imaxe pobre da artista visual e realizadora cinematográfica alemá Hito Steyerl, que describe as imaxes dixitais de baixa resolución, aquelas que foron comprimidas, degradadas e redistribuídas, como una forma subversiva de produción cultural. Estas imaxes non só son pobres en calidade técnica, senón tamén en termos do seu lugar na xerarquía da produción visual: revelan a loita entre o control da información e a democratización do seu acceso.
Proxecto gañador do XIV Encontro de Artistas Novos
A proposta foi seleccionada como gañadora entre os proxectos recibidos ao Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, convocado entre os creadores e creadoras participantes no XIV Encontro de Artistas Novos. Esta convocatoria procura dar visibilidade a artistas emerxentes, ofrecéndolles un espazo expositivo non convencional a través dunha plataforma de apoio á arte contemporánea recoñecida e consolidada como é o EAN.
Biografía da artista
A obra da artista visual Irene Molina (Granada, 1997) abrangue os novos medios con especial atención ao 3D. Na súa práctica artística investiga sobre as relacións que xorden na intersección e hibridación do obxecto dixital e o corpo físico. A súa produción quere xerar pontes entre espazos materiais e virtuais, onde o escultórico convive coa pantalla. A súa preocupación sobre o presente virtual máis inmediato pon o foco na construción e percepción do espazo e o erro dixital. Graduada en Belas Artes pola Universidade de Granada e Máster en Produción artística pola Universidade de Málaga. Recibiu o premio BMW de Pintura na categoría de arte dixital 2022 e residente da XXI promoción da fundación Antonio Gala.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.