
O punto clave, concluíu Gamallo, é que a prospectiva estratéxica non consiste en predicir o futuro, senón en prepararse para el. O director xeral apostou, ademais, pola subsidiariedade activa e a proporcionalidade como elementos claves da lexitimidade democrática, esenciais, ademais, para acadar os obxectivos de cohesión territorial, social e económica. Os principios de subsidiariedade e proporcionalidade establecen, por un lado, que a Unión Europea unicamente actúa cando a súa intervención sexa más eficaz que a emprendida a nivel local, rexional ou nacional e, por outro, que esta debe ser proporcional aos obxectivos dos tratados.
Galicia e o resto de rexións apostan por que se aproveite o novo ciclo institucional comunitario para impulsar que esta subsidiariedade sexa activa. É dicir, que se dea máis voz ás autoridades locais e rexionais especialmente, no proceso lexislativo para garantir que se respectan estes principios e, polo tanto, non se vexan limitadas as competencias dos gobernos locais e rexionais.
Galicia apoiou un ditame no pleno do CdR do pasado xuño, no que se expresa a vontade das rexións a ter unha maior participación no proceso lexislativo europeo. De feito, deféndese que a lexislación debería ter unha base máis local e rexional, con máis instrumentos de consulta neses ámbitos, para o que se reclama o apoio da Comisión Europea. O documento advirte, ademais, que a gobernanza multinivel e a subsidiariedade activa serán necesarias para o futuro da democracia europea. Todo isto engade o ditame nun contexto de inestabilidade xeopolítica e transición ecolóxica e dixital, sen descoidar a competitividade económica e a resiliencia.
Xunto ao impulso á subsidiariedade activa, Galicia apoia no marco do CdR a posta en marcha dun Programa de Mellora da Lexislación coordinado e eficaz, para construír unha plataforma de subsidiariedade única, con carácter interinstitucional, que actuaría como un comité consultivo de expertos en relación coa aplicación da subsidiariedade e a proporcionalidade.
Galicia no Comité Europeo das Rexións
O Comité Europeo das Rexións (CdR) é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. A sesión plenaria do CdR reúnese seis veces ao ano. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o propio presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE. Galicia participa na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) e na Comisión de Recursos Naturais (NAT).
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.