Noticias

Os hoteis galegos rexistran en setembro un record de viaxeiros e incrementan a súa rendibilidade un 8,6%

Os hoteis galegos rexistraron o pasado mes de setembro máis de 632.000 viaxeiros aloxados que fixeron 1,15 millóns de noites, o que supón un incremento do 5,9% e 4,2% respectivamente con respecto a 2023. En canto ao impacto económico, tamén se rexistrou un incremento da rendibilidade hoteleira que sobe 8,6% con respecto ao ano pasado e estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos de 51,6 millóns de euros, un 7,8% en relación co 2023. Así se desprende dos datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que indican que Galicia supera en ocupación hoteleira os rexistros previos á pandemia, nun 10,9% e que volve medrar por riba da media española.

Ademais, o aloxamento hoteleiro da Comunidade acumula catro anos consecutivos de crecemento da demanda no mes de setembro acadando un máximo da serie histórica de setembro con 1,15 millóns de pernoctacións e en canto ao número de viaxeiros, nunca antes se superara a barreira dos 600 mil viaxeiros en setembro.

Do mesmo xeito, Galicia rexistra un máximo da serie histórica de ingresos hoteleiros no mes de setembro, superando tamén os rexistros previos a pandemia.

Por riba das medias nacionais

A Comunidade galega presenta un comportamento por riba da media nacional. Así, en número de noites, Galicia supera en algo máis dun punto a media estatal, que observa un incremento do 2,8% en relación ao pasado ano. En termos de viaxeiros aloxados Galicia rexistra a segunda taxa de crecemento máis elevada co 5,9%.

Por orixe, o mercado internacional consolida catro anos consecutivos de crecemento da demanda no mes de setembro, que permiten acadar un máximo da serie histórica agora en 2024 con preto de 410.000 noites en setembro.

En termos económicos, no que vai de ano, de xaneiro a setembro, estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais próximos aos 350M€ nos primeiros nove meses deste ano, superando tamén os rexistros de 2023 nun 7,2% e os previos á pandemia. Marca, de novo, a cifra máis elevada da serie histórica.

R., 2024-10-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES