Noticias

Convocados os Premios do Comercio Galego 2024 para recoñecer o labor dos profesionais do sector e contribuír á súa posta en valor

O obxectivo destes galardóns é recoñecer o labor dos profesionais do sector comercial e contribuír á súa difusión como panca para o desenvolvemento económico e social das vilas e cidades galegas. Os establecementos interesados en optar aos premios poderán presentar as súas candidaturas ata o próximo 28 de outubro. Poden resultar recoñecidos en cinco categorías: Premio Comercio 2024, dotado con 5.000 euros; Premio Comercio Traxectoria 2024, ao que lle corresponden 3.000 euros; Premio Comercio Emprende 2024, distinguido con outros 3.000 euros; Premio Comercio Dinamización 2024, cunha contía de 5.000 euros e e Premio Comercio Consumo Responsable, con 3.000 euros.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria e as bases reguladoras dos Premios do Comercio Galego 2024. O obxectivo destes galardóns que outorga a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración é recoñecer o labor dos profesionais do sector comercial e contribuír á súa difusión como panca para o desenvolvemento económico e social das vilas e cidades galegas.

Os establecementos interesados en optar aos premios poderán presentar as súas candidaturas ata o próximo 28 de outubro. Poden resultar recoñecidos en cinco categorías: Premio Comercio 2024, dotado con 5.000 euros; Premio Comercio Traxectoria 2024, ao que lle corresponden 3.000 euros; Premio Comercio Emprende 2024, distinguido con outros 3.000 euros; Premio Comercio Dinamización 2024, cunha contía de 5.000 euros e e Premio Comercio Consumo Responsable, con 3.000 euros.

A convocatoria enmárcase na aposta da Xunta por un sector comercial forte, moderno e competitivo capaz de adaptarse ás novas tendencias e ás demandas das persoas consumidoras dada a súa importancia como xerador de riqueza e emprego, así como vertebrador do territorio. Para avanzar neste obxectivo, cómpre engadir que se está a elaborar o Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030 da man dos axentes implicados, coa previsión de telo listo no primeiro trimestre do ano que vén.

R., 2024-09-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES