Noticias

Catro grandes concertos terán lugar este verán da man do Courel Son, Jazz e Blues na Montaña

Un ano máis, e xa van 5, a Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel ten o pracer de organizar o Courel Son, Jazz e Blues na Montaña. Serán catro grandes concertos en catro localidades distintas da serra, mantendo o obxectivo de dar vida a todos e cada un dos pobos do noso territorio, ao tempo que demostramos que, sexa a paraxe que sexa, dispoñemos dos mellores escenarios naturais. Este ano contamos, unha vez máis, coa imprescindible axuda económica da área de Cultura da Deputación de Lugo, pero tamén cunha aportación da Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes (AIE), que quere premiar con esta achega a orixinalidade da nosa proposta, na que non buscamos a masificación, senón a excelencia.

Poucos críamos naquel lonxano 2018 que este proxecto ía ter tantos loubanzas, poucos imaxinábamos a gran acollida por parte de visitantes e veciños, que xa ven como propio o noso ciclo de Jazz e Blues. Este ano, co fin de premiar ese compromiso de veciños, estreamos escenarios nos que amosar que o mellor espazo natural de Galicia segue vivo gracias aos seus habitantes. Como sempre, os días posteriores aos concertos, organizaremos actividades interpretadas gratuítas que sairán dos mesmos pobos que serviron de escenario, para o cal contamos coa colaboración dos axentes que traballan no e polo territorio: a Asoc.Galega de Custodia do Territorio, a Sociedade Micolóxica Lucus, a Fundación Uxío Novoneyra e O Xeoparque Montañas do Courel.

Queremos agradecer tamén á Caixa Rural Galega o seu firme compromiso co noso proxecto. E, cómo non, aos músicos que veñen, pero tamén aos que queren vir: sabemos que son só catro concertos para os que temos dispoñibilidade, pero estamos asombrados coa aceptación que o noso ciclo ten entre os músicos e músicas destes estilos, que non deixan de presentarnos os seus traballos.

Éstes son os grupos, datas e localizacións do CourelSon 24. Catro concertazos gratuítos nas airas dos pobos do Courel:

-Martins Aneiros Band. Seceda do Courel. 20 de xullo. Presentando Rain Máis de dúas décadas enriba dos escenarios contemplan a Víctor Aneiros e Paula Martins. O seu sonido é inconfundible e así o deixaron palpable en ducias e ducias de festivais e concertos por todo o mundo. Este novo proxecto nace do desexo de unir forzas para crear algo máxico. Rain é o trunfo da coherencia musical, do son propio, do traballo colectivo. Unha banda única nun escenario único que, por compromiso dos seus veciños e veciñas, vense convertindo nun habitual do nos CourelSon. A aldea de Seceda vivirá o inicio do CoureSon 24 cunha mestura de Blues, Funk, Soul e Jazz que non deixará a ninguén indiferente, como ben se pode comprobar nas infinitas reseñas de internet que deste traballo e dos seus creadores podemos ver.

-MBM (Baldo Mrtnez., Antonio Bravo e Lucía Martínez). Meiraos. 26 de Xullo. Qué dicir destes tres mestres do Jazz! Por separado, tres grandes, con premios e recoñecementos ao longo da nosa xeografía, pero tamén en Europa: mellor concerto no festival de Vitoria/Gasteiz, mellor dico de Jazz europeo,… Xuntos, Baldo (contrabaixo), Antonio (guitarra) e Lucía (percusión) son unha oda á música. Centos e centos de concertos en tódolos escenarios de Jazz mundial e, por fin, visitan xuntos O Courel. Poderíamos facer unha reseña con todos os seus traballos, con todas as súas mencións ou premios, pero non nos chegaría esta nota. A Igrexa de Meiraos nunca voltará a ser a mesma porque tres dos máis grandes músicos de Jazz europeos decidiron unir os seus camiños no sendeiro que dá entrada á mesma.

-ZALOMON GRASS. Esperante. 27 de xullo. E abrimos paso ao Cosmic Blues misturado de psicodelia de Zalomon Grass. A Banda viguesa vén
de recibir o premio á mellor gravación de Rock polo seu traballo Space Opera. Será un concerto único, con tres músicos de nova xeración, pero con moitísimo percorrido. Os sonidos de Led Zeppelin, Pink Floyd ou Cream renovados por unha banda que está dando moito que falar no panorama nacional, requerida polos mellores festivais do xénero e que, no medio da súa xira, fan parada na aldea de Esperante, novo escenario dentro do noso CoureSon para amosar que o Blues evoluciona e que, dentro desa evolución, o importante é manter unha coherencia e un un son propio. Zalomon Grass non deixará a ninguén indiferente, porque eles son diferentes a todo.

-MARCOS TEIRA E TON RISCO. Parada do Courel. 10 de Agosto. E, para pechar por este ano o noso ciclo, o Jazz mesturado de flamenco e doutros ritmos tradicionais de dúas das figuras novas máis importantes do Jazz galego: Marcos Teira (guitarra) e Ton Risco (Vibráfono). Son ducias os proxectos para os que son requeridos estes dous músicos sobradamente recoñecidos. Un dúo único, cun estilo propio con gran influencia do flamenco, pero no que o Jazz é o fío conductor. Ton e Marcos, Marcos e Ton levan tocando e enchendo escenarios toda a vida e serán un peche de luxo para o noso ciclo CourelSon 24. Ademais, aproveitaremos a xornada para presentar o noso festival rmán: Os Eidos de Verán, que organiza a Fundación Uxío Novoneyra e que terá lugar no mes de agosto en Parada. Porque Courel é natureza, pero tamén é cultura. Porque Courel non se deixa ir….

R., 2024-07-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES