Noticias

Galicia rexistra un aumento do 57% no número de doadores de órganos e do 32% nos transplantes durante os primeiros 5 meses de 2024

Galicia rexistrou un aumento do 57% no número de doadores de órganos e do 32% nos transplantes durante os primeiros cinco meses de 2024 con respecto ao mesmo período do ano anterior. Con motivo da conmemoración esta semana do Día Nacional do Doador de Órganos e do Día Mundial do Paciente Transplantado, a Xunta celebra as cifras acadadas, tanto de doazón como de transplantes nestes primeiros meses do ano. Tanto a Consellería de Sanidade como a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) remarcan a excelente evolución experimentada en Galicia polos programas de captación de doadores e de actividade de transplante.

Ata finais de maio realizáronse en Galicia un total de 186 transplantes de órganos, cun incremento acumulado do 32% neste tipo de intervencións. O transplante de ril, nos primeiros 5 meses do ano, experimentou un crecemento do 26%. No caso do fígado, o aumento foi do 61%, do 10% no caso do transplante de corazón e do 25% nos transplantes de pulmón.

Resulta especialmente salientable a cifra de 66 doadores de órganos a data de 31 de maio, xa que supón un crecemento do 57% con respecto aos 42 doadores rexistrados no mesmo período do ano 2023.

Desde o inicio do programa de transplantes, ata a actualidade, en Galicia rexistráronse preto de 3.500 doazóns de órganos. Desde a Coordinación Autonómica de Transplantes de Galicia saliéntase unha evidente tendencia ao descenso da resposta de negativas familiares á doazón de órganos nos últimos anos. O pasado ano rexistrouse un índice de negativa do 15,5%, tres puntos menos que no exercicio precedente.

Neste sentido, a Xunta fai un sincero recoñecemento a todos os doadores de órganos e ás súas familias, xa que co seu xesto solidario contribúen de xeito decisivo a posibilitar a actividade de transplantes dos hospitais galegos e á recuperación de miles de doentes.

R., 2024-06-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES