
A BFAero, o caso máis destacado de toda Galicia, sitúase ademais como primeira clasificada no ranking en diferentes categorías: no ranking de programas de aceleración 2024/2025; no de graduación 2024/2025 e no ranking global Funcas 2024/2025 de aceleradoras de empresas na categoría de Avanzadas. O traballo realizado e as importantes cifras de crecemento obtidas na última edición consolidan a este programa, que no anterior ranking ocupaba o quinto posto e agora xa é líder en España.
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, foi a encargada de representar á Business Factory Aero no acto de presentación do Informe Funcas, onde destacou que é o resultado de toda unha política pública focalizada nun único obxectivo, o de transformar a nosa comunidade a través da innovación e a tecnoloxía. Engadiu ademais que este programa móvese grazas ao traballo de cada unha das startups, que naceron, medraron e internacionalizaron os seus proxectos na BFAero e tamén grazas ao equipo humano, que fixo posible os logros e avances dos proxectos que pasaron por este programa. Esta aceleradora e todo o traballo do Polo Aeroespacial de Galicia está baseado na colaboración. É a panca coa que impulsamos a innovación e foi tamén a da BFAero.
Máis de 400 proxectos de 26 países presentaron a súa candidatura ás convocatorias realizadas nas cinco edicións da Business Factory Aero, das cales foron apoiados 42 proxectos empresariais, que teñen xerado 180 empregos cualificados e un volume de negocio conxunto que se aproxima aos 7 M. Ata o 14 de maio está aberta unha nova convocatoria do itinerario de consolidación da BFAero, na que se seleccionarán tres novos proxectos.
A Fundación CEL consolídase como o mellor viveiro empresarial de toda España
O estudo sobre os servizos que prestan os viveiros e as aceleradoras de empresas de España realizado por Funcas tamén sitúa á Fundación CEL Iniciativas por Lugo, o órgano xestor da Business Factory Aero, como o mellor viveiro de empresas en 2024, o que consolida o seu liderado nos últimos anos.
Fundación CEL foi o número un da lista no ranking de difusión do espírito emprendedor; no ranking de incubación básica; no de graduación e no ranking global de viveiros de empresas 2024/2025 na categoría de Avanzados.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.