
Neste senso, comprometeuse a que gobernarán para todos os galegos e galegas; para os que nos votaron, e especialmente para os que non nos votaron para merecer a súa confianza.
Deste xeito, Rueda insistiu en que o obxectivo do novo Executivo galego é superar os gobernos anteriores. Agardo que os gobernos que nos sucedan nos superen tamén a nós. Iso quererá dicir que Galicia segue a mirar cara a adiante, que segue progresando e que as persoas encargadas de facelo posible colleron este labor con todas as ganas do mundo, defendeu.
Agradecementos
Na súa intervención, Rueda agradeceu o traballo realizado polos tres conselleiros saíntes Ethel Vázquez, Julio García Comesaña e Elena Rivo dos que gabou os méritos e a capacidade demostrada nas súas responsabilidades ao fronte dos seus cargos na Xunta. Moitísima sorte alí onde lles leve a vida no que eles decidan, desexoulles.
Tamén eloxiou a valentía amosada por aceptar incorporarse ao Goberno galego aos novos catro conselleiros: María Martínez Allegue, como conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; Antonio Gómez Caamaño, na carteira de Sanidade; José López Campos, á fronte de Cultura, Lingua e Xuventude; e María José Gómez Rodríguez, en calidade de conselleira do Medio rural.
A nosa sorte será a sorte de Galicia
Do mesmo xeito, estendeu o agradecemento por aceptar continuar aos oito conselleiros que permanecen no goberno galego: Diego Calvo, Ánxeles Vázquez, Román Rodríguez, Fabiola García, María Jesús Lorenzana, Miguel Corgos, Alfonso Villares e José González, este último como titular da consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
A todo o novo equipo desexoulle sorte, ao tempo que lles advertiu: a nosa sorte será a sorte de toda Galicia. En todo caso, garantiu que o novo Goberno galego vai traballar para que esa sorte se acompañe de traballo. Normalmente é unha fórmula que funciona bastante mellor que só coa sorte, matizou para concluír.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.