Noticias

O Festival Converxencias Portugal-Galicia celebra a súa 10ª edición cunha ampla programación cultural

O Festival Converxencias Portugal-Galicia chega á súa 10ª edición cunha ampla programación cultural composta por música, teatro, danza e literatura que se repartirá do 3 de febreiro ao 9 de marzo entre as localidades de Braga, Ponteareas, A Estrada, Padrón e Santiago de Compostela. Como cada ano, este certame cultural programa unha serie de actividades arredor do 23 de febreiro, data de nacemento de Rosalía de Castro e de pasamento do cantautor portugués Zeca Afonso, estreitando os lazos que unen Galicia e Portugal e evidenciando as semellanzas entre as súas linguas e culturas. Ademais, este ano inclúe unha publicación conmemorativa do 10º aniversario.

O Festival Converxencias Portugal-Galicia chega á súa 10ª edición cunha ampla programación cultural composta por música, teatro, danza e literatura que se repartirá do 3 de febreiro ao 9 de marzo entre as localidades de Braga, Ponteareas, A Estrada, Padrón e Santiago de Compostela co apoio da Xunta de Galicia.

Así informou esta mañá en rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que destacou como “prato forte desta edición tan especial” a participación do músico Amancio Prada, “un dos máximos expoñentes da proxección que a música e a literatura galegas teñen tanto no resto de España como a nivel internacional, neste caso en Portugal”.

O cantautor español actuará o 25 de febreiro no Teatro Circo de Braga acompañado da Orquestra Filharmónica de Braga, o grupo portugués Canto D´Aquí e Coro do Pais do Conservatorio Gulbenkian, tamén de Braga, no que será un tributo a Zeca Afonso e Rosalía de Castro.

Canda o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades tamén participaron no acto de presentación o propio Amancio Prada; Jaime Torres, coordinador do grupo Canto D´Aquí; Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro; Ricardo González, concelleiro de Cultura de Ponteareas, e Alberto Paz-Félix, profesor do Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho.

Un mes de programación cultural

Como cada ano, este certame cultural programa unha serie de actividades arredor do 23 de febreiro, data de nacemento de Rosalía de Castro e de pasamento do cantautor portugués Zeca Afonso, estreitando os lazos que unen Galicia e Portugal e evidenciando as semellanzas entre as súas linguas e culturas. Ademais, este ano inclúe unha publicación conmemorativa do 10º aniversario.

A programación, que reúne diferentes persoeiros do mundo cultural das dúas beiras do Miño, como Uxía ou Adriana Moreira, entre moitos outros, abrirase este sábado 3 no Teatro Principal da Estrada cun concerto de fusión tradicional interpretado pola Banda de Música Municipal da Estrada e Canto D´Aquí. O broche final a máis dun mes de programación porao outro concerto, neste caso o da Orquestra de Cordofones Tradicionais de Braga e a Orquestra local de Ponteareas, que terá lugar no dito concello pontevedrés. As actividades, datas e localizacións, poden consultarse no Portal da Lingua Galega.

10 anos festexando os lazos coa lusofonía

Promovido polo grupo Canto D´Aquí e o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, pertencente á Rede de Centros de Estudos Galegos e Lectorados da Xunta, co apoio doutras institucións como a Fundación Rosalía de Castro, o obxectivo deste festival é dar cumprimento á Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, máis coñecida como Lei Valentín Paz-Andrade.

R., 2024-02-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES