Noticias

A Escola Pablo Picasso da Coruña dá a coñecer traballos orixinais e documentación académica do artista entre os anos 1892 e 1895

A Escola de Arte e Superior de Deseño (EASD) Pablo Picasso pon o colofón á intensa celebración do 50º aniversario do pasamento do artista malagueño coa exposición 'Picasso, alumno desta escola'. Esta mostra reúne orixinais e láminas dos tres anos que cursou Pablo Picasso no centro (1892-1895). Alí, onde conseguiu praza como profesor de debuxo o seu pai, aprendeu os primeiros fundamentos do debuxo, publicando en 1894 a súa primeira obra mestra: unha rapaza descalza, nena pobre como moitas daquela época. Así mesmo atópanse ilustracións sobre o fauno, o home con cordeiro ou as bacanais, temas que debuxa Picasso na Coruña a partir de modelos de xeso.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou hoxe na Escola de Arte e Superior de Deseño (EASD) Pablo Picasso a exposición Picasso, alumno desta escola, unha mostra que pon o colofón á intensa celebración do 50º aniversario do pasamento do artista malagueño.

Picasso, alumno desta escola reúne orixinais e láminas dos tres anos que cursou Pablo Picasso no centro (1892-1895). Alí, onde conseguiu praza como profesor de debuxo o seu pai, “aprendeu os primeiros fundamentos do debuxo, publicando en 1894 a súa primeira obra mestra: unha rapaza descalza, nena pobre como moitas daquela época”, indicou Román Rodríguez. Así mesmo atópanse ilustracións sobre o fauno, o home con cordeiro ou as bacanais, temas que debuxa Picasso na Coruña a partir de modelos de xeso.

O titular de Cultura da Xunta fixo un percorrido pola exposición, na que tamén se atopan facsímiles da documentación académica que o centro conservou, e que este ano se transferiron ao Arquivo do Reino de Galicia para o seu acceso e estudo. Esta documentación dá conta do talento que despuntou neses primeiros anos Picasso: notas sobresaíntes, como amosan as súas cartillas.

Esta mostra, na que a maioría das ilustracións se relacionan coa Coruña ou con evocacións mitolóxicas, subliña a “importancia que os anos galegos de formación tiveron na memoria artística do andaluz”, destacou o conselleiro, quen tamén puxo en valor a traxectoria da EASD Pablo Picasso, a escola de arte máis antiga de Galicia, nada en 1849. Ao longo da súa historia pasaron polas súas aulas importantes figuras como Román Navarro, Lolita Díaz Baliño, Ángel Senra, María Barbeito ou Santiago Casares Quiroga, entre moitos outros. Actualmente o centro, dirixido por Elena Pardo, conta con máis de 400 alumnos, implicados en todos os programas e actividades culturais que organiza a EASD Pablo Picasso.

Media ducia de exposición conmemorativas

“Pablo Picasso, o mestre universal, foi na Coruña un alumno brillante, crítico, traveso e xenial, que gardou a pegada da súa formación coruñesa durante toda a súa vida”, dixo Román Rodríguez. “Con esta exposición, a Escola contribúe a ampliar os eventos realizados durante o 2023 para celebrar o seu inmenso legado na Historia da Arte”, engadiu.

Esta cita súmase á mostra Picasso, branco no recordo azul no Museo de Belas Artes da Coruña, e toda a programación paralela ao seu redor, e A Escuela de Bellas Artes da Coruña e Picasso no Arquivo do Reino de Galicia. Así mesmo, a Fundación Camilo José Cela tamén organizou a mostra Picasso Vivo. El legado picassiano de Camilo José Cela e o Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira acolleu as exposicións Homenaxe a Pablo Picasso e Gravados ao linóleo de Pablo Picasso, así como obradoiros de linogravado.

R., 2024-01-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (sancaetano-bandeiras.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, advertiu de que as novas medidas para paliar os efectos da guerra de Irán aprobadas polo Goberno central terán 'un impacto directo nas arcas autonómicas' xa que Galicia 'deixará de ingresar máis de 120 millóns de euros' nos tres meses que estas medidas estarán inicialmente en vigor. As medidas con impacto fiscal anunciadas polo Goberno central enfócanse na redución do IVE e dos impostos especiais para os carburantes, electricidade e gas. Ao estar estes tributos cedidos ás Comunidades Autónomas, o impacto derivado da menor recadación repártese entre o Estado e as autonomías, en función da porcentaxe de cesión(no IVE é do 50%, nos impostos especiais do 58%).
Foto de la tercera plana (emigracion-maletas.jpg) O número de emigrantes galegos —persoas que naceron en Galicia e residen no exterior— volve baixar un ano máis en 2.006 persoas, continuando a tendencia dos últimos exercicios. En paralelo, a poboación galega total que reside no exterior increméntase debido ás novas inscricións de persoas descendentes de galegas e galegos nacidas no estranxeiro, ata acadar os 563.303 (incremento de 15.051 persoas, un 2,75%) a 1 de xaneiro de 2026, segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE).

Notas

Do 23 de abril ao 8 de maio celebrarase a 31ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu). Co lema O espazo que ti habitas, traerá a diferentes espazos escénicos da cidade unha vintena de espectáculos nos que as aulas de teatro e danza dos diferentes campus da Universidade de Vigo terán un papel destacado. A cita foi presentada este martes no Teatro Principal de Ourense por representantes das entidades que financian ou apoian a actividade.
Unha vez finalizado o prazo para a imposición de recursos contra a proclamación provisional da reitora electa, a USC publicou este luns 23, de acordo cos prazos establecidos no calendario electoral, a proclamación definitiva da profesora Rosa Crujeiras Casais. O acto de toma de posesión terá lugar o 10 de abril, ás 11.30 horas, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES