
O seu obxectivo é deseñar e por en marcha un conxunto de actuacións que propicien un salto económico en Galicia se faga cunha transición xusta e sustentable, asumible polo sector mar-industria e o conxunto da sociedade, que faga fronte aos desafíos ambientais e contribuír a alcanzar os obxectivos determinados pola Comisión Europea para a economía azul: a neutralidade climática e contaminación cero e a descarbonización do transporte marítimo, da actividade pesqueira e marisqueira e dos portos.
Alfonso Villares puxo en valor as aportacións realizadas polos expertos que se conectaron con el a través de Internet nun cumio virtual onde se presentaron as conclusións do proceso de consenso do borrador da Estratexia, presentada en sendas xornadas de traballo cos axentes implicados, tanto da propia Xunta de Galicia como de outros organismos, do ámbito académico e do sector privado. As súas aportacións foron enriquecendo un plan de acción, ademais dun modelo de gobernanza, que se pretende lanzar coa celebración dun Foro Internacional de Rexións Azuis e a través dun ciclo de webinarios que o darán a coñecer entre distintos tipos de públicos.
O grupo asesor que se reuniu co titular de Mar constituíuse o pasado 14 de febreiro e está integrado como expertos en mar e pesca por Enrique López Veiga, biólogo e economista que foi entre outros cargos conselleiro de Pesca, funcionario da Dirección Xeral de Pesca da Comisión Europea e Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo; e Ernesto Penas, que traballou como biólogo pesqueiro no Instituto Español de Oceanografía e foi tamén funcionario da Dirección Xeral de Pesca da Comisión Europea, responsable da reforma da PPC e director Xeral de Marisqueo, Pesca e Acuicultura da Consellería de Pesca.
En materia de I+D+i, talento e formación cóntase con Emilio Fernández Suárez, catedrático especializado en Ecoloxía Mariña que, entre outras responsabilidades, foi xerente do Programa de Ciencia e Tecnoloxía do Mar do Plan Estatal de Ciencia e Tecnoloxía, director xeral de Desenvolvemento Sostible da Xunta e director do Campus de Excelencia Internacional Campus do Mar.
En innovación marítima e pesqueira a experta é Annina Bürgin, doutora en Filosofía, Ciencias Políticas e Relacións Internacionais que actualmente é xerente da Fundación-Centro de Innovación de Estudos Xurídicos Marítimos e Pesqueiros (MarInnLeg) e profesora de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais na Uvigo.
Carme Pampín colabora como unha das maiores expertas no campo da biotecnoloxía, pois é doutora en Química Orgánica, vicepresidenta do clúster biotecnolóxico Bioga e CEO da empresa GalChimia. En Innovación e tecnoloxías da información e o coñecemento (TIC) cóntase con Francisco Yáñez Brea, enxeñeiro vinculado á automoción e actualmente preside Dihgigal, o Polo de Innovación para a Dixitalización da Industria de Galicia.
Desde o campo turístico contouse con Jesús Picallo Santos, vicepresidente do Clúster do Turismo de Galicia e presidente da Asociación de Empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía. E como experto en patrimonio cultural Óscar Fuertes, doutor arquitecto e Máster en rehabilitación arquitectónica e profesor na Universidade da Coruña que é un dos grandes artífices do Plan da Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030.
Proceso participativo
Á labor destes expertos súmase nun proceso participativo o de preto de 200 persoas máis que integran os 11 grupos de traballo onde estean representados, coa maior diversidade posible, as actividades más significativas da economía azul: acuicultura, pesca e marisqueo, industria transformadora destes alimentos, biotecnoloxía, enerxías, portos, naval, turismo e patrimonio, I+D+i, talento, seguridade marítima e loita contra a contaminación mariña. Coa aportación coral de todos eles aspírase a que Galicia esprema todo o seu potencial liderando unha economía azul que se calcula xera en Europa un volume de negocio de máis de 650.000 millóns de euros e sostén 4,5 millóns de empregos.
A Xunta habilitou hoxe un apartado específico dentro da páxina web de MeteoGalicia para facilitar o acceso e as consultas relacionadas coa predición do tempo en todos os concellos galegos durante a xornada da eclipse solar, prevista para o vindeiro día 12 de agosto. Galicia será unha das rexións nas que mellor se poderá observar este fenómeno astronómico de carácter excepcional, aínda que non en todas as zonas se apreciará por igual. De feito, no espazo web dedicado ao tempo durante a eclipse hai un mapa con todos os concellos sobre o que se indica en cales será total e en cales se verá de forma parcial.
Co obxectivo de pór en valor os máis de 2.555 quilómetros de litoral que posúe Galicia, a Xunta ven de lanzar o Camiño do Litoral. Trátase dun itinerario único que discorre por 78 municipios costeiros a través de 52 etapas, concibido para ofrecer unha alternativa de turismo sustentable e amosar a convivencia entre a conservación ambiental e o desenvolvemento socioeconómico da zona. Esta gran ruta vertebradora, que xurde como unha das medidas clave ao abeiro da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, conecta espazos naturais, vilas mariñeiras e un rico patrimonio.