
Nesa liña, avanzou que os socios que participan nesta iniciativa, liderados polo Instituto de Estudos do Territorio (IET), ente dependente da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ademais de poñer en marcha a Escola Galaico-Portuguesa de Infraestrutura Verde, elaborarán catro documentos de planificación estratéxica e desenvolverán sete proxectos sobre esta materia.
O obxectivo é facilitar a capacitación dos traballadores públicos das administracións locais e provinciais no desenvolvemento dunha estratexia de infraestrutura verde, aseverou Ángeles Vázquez, que lembrou que esta medida ten adquirido nos últimos anos un papel destacado na ordenación territorial, na política e na investigación.
A maiores, a vicepresidenta segunda subliñou que a infraestrutura verde é unha das principais ferramentas para garantir a preservación da biodiversidade e para reforzar a resiliencia dos territorios ante o cambio climático. E, ademais, repercutirá nunha maior calidade de vida para a veciñanza polos beneficios económicos, ecolóxicos e sociais que implica.
Así, logo de explicar que Galicia está a ultimar a súa Estratexia da infraestrutura verde e da conectividade de restauración ecolóxica, Ángeles Vázquez puxo en valor a suma de esforzos que supón esta colaboración transfronteiriza de cara a avanzar na consecución de obxectivos comúns.
De feito, nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M, financiado no marco do Programa Interreg España - Portugal (POCTEP 2021-2027), participan, ademais do IET, un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e organismos universitarios da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Máis polo miúdo, por parte de Galicia participan a Universidade da Coruña, Concello de Pontevedra, Deputación de Ourense e a Fundación CEER, mentres que do lado portugués, forman parte do proxecto a Cámara de Paredes de Coura, a Universidade do Minho, a Cámara de Guimarães, o Laboratorio da Paisagem de Guimarães así como a Agência Portuguesa do Ambiente e o Instituto da Conservação da Natureza das Florestas.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.