Noticias

Expertos das universidades de Santiago e da Coruña certifican que reducir a fiscalidade aos alimentos do mar aumentaría o consumo e xeraría novos empregos

Esta análise desde a óptica macroeconómica e microeconómica do impacto que este tipo de medidas tería tanto sobre o propio sector, que podería ver facilitadas as súas ventas coa baixada do IVE, como sobre o conxunto da sociedade, que podería ver mellorada a renda dispoñible, simulouse cun cambio no tipo efectivo do 10% fixado pola lei para os produtos do mar ao 5%, á metade. Nesta investigación empregaron unha matriz de contabilidade social creada a partir da integración das Táboas Input-Output da Pesca e a Conserva Galegas 2019 elaboradas polos expertos da USC para a Consellería do Mar e das Táboas Input-Output de Galicia 2018 do Instituto Galego de Estatística (IGE).

O conselleira do Mar, Alfonso Villares, defendeu hoxe en Santiago que a loita do conxunto da cadea mar-industria de Galicia e da propia Xunta por conseguir unha rebaixa efectiva do tipo do IVE que grava aos produtos da pesca e a conserva está xustificada a tódolos niveis. SI xa contaba con informes que o avalaban desde a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia ou do Eumofa, o Observatorio Europeo do Mercado dos Produtos da Pesca e da Acuicultura, agora tamén existe unha análise propia, elaborada por algúns dos maiores expertos en economía pesqueira da comunidade autónoma, que certifica que tomar esta decisión redundaría nun aumento no seu consumo, na creación de emprego e da riqueza.

Así se puxo de manifesto na presentación celebrada ante a pescadería dun establecemento do grupo Vegalsa Eroski no compostelano polígono de A Sionlla, onde compareceron xunto co titular de Mar o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, xunto con Jorge Eiroa, director de Compras da cadea de distribución galega e Gonzalo Rodríguez, profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e membro do Grupo de Investigación de Economía Pesqueira e Recursos Naturais. Este último, xunto aos seus compañeiros Andrés González e María do Carme García Negro (USC) e Fernando González Laxe (Universidade da Coruña), firman o estudo Efectos económicos e distributivos da redución do IVE no sector pesqueiro.

Esta análise desde a óptica macroeconómica e microeconómica do impacto que este tipo de medidas tería tanto sobre o propio sector, que podería ver facilitadas as súas ventas coa baixada do IVE, como sobre o conxunto da sociedade, que podería ver mellorada a renda dispoñible, simulouse cun cambio no tipo efectivo do 10% fixado pola lei para os produtos do mar ao 5%, á metade.

Nesta investigación empregaron unha matriz de contabilidade social creada a partir da integración das Táboas Input-Output da Pesca e a Conserva Galegas 2019 elaboradas polos expertos da USC para a Consellería do Mar e das Táboas Input-Output de Galicia 2018 do Instituto Galego de Estatística (IGE). Esta matriz, composta polo Goberno central, 42 sectores de actividade, oito clases de fogares e tres tipos impositivos permite, por un lado, analizar a importancia sectorial e macroeconómica da redución impositiva e dos ingresos tributarios respectivos; e, por outro, estimar os efectos distributivos na economía que poden resultar da modificación impositiva.

A simulación da conta de dous escenarios extremos: un no que o traspaso da rebaixa do IVE se traslada totalmente ao consumidor final, e outro no que as empresas non dan este paso definitivo e interiorizan nas súas contas toda a redución do imposto.

No primeiro suposto o impacto directo, indirecto e inducido no conxunto da economía galega traduciríase nun incremento total do valor engadido (VAB) sería positivo en 28,5 millóns de euros, sinalando que se poderían crear ate 5.575 empregos -non só en pesca, senón no conxunto de actividades- e a recadación fiscal caería en 17,8 millóns de euros na comunidade.

No segundo suposto, no que non se traslada a rebaixa aos consumidores finais, o total do impacto se materializaría nun incremento do VAB de 19,1 millóns no conxunto da economía, con ata 1.232 postos de traballo adicionais que se poderían crear e un custo fiscal de 33,8 millóns de euros.

A efectos prácticos os investigadores non cren que a transferencia real de prezos se sitúe en ningún dos extremos, aínda que como proban estudos existentes sobre a transferencia da rebaixa do IVE aplicada polo Goberno central a determinados produtos, esta se situou no entorno do 90%, máis próxima ao primeiro dos escenarios.

Impacto por sectores

O estudo, presentado ante representantes do sector e empresas pesqueiras entre os que se atopaba José Antonio Perez Sieira, presidente da Federación Gallega de Confrarías, certifica ademais que os efectos serán maiores sobre o sector de alimentos procesados e ao longo da cadea de valor desta industria. Así mesmo, tamén presenta multiplicadores elevados sobre o sector servicios, como era de esperar ao estar incluído o sector da hostaleira, aínda que tamén ten un gran impacto no sector do transporte. En canto ao impacto no emprego, sinalan os académicos que non son consecuencia do aumento da actividade exclusivamente na pesca, senón que inclúe tamén o avance nas actividades provedoras e nas que asumen o gasto adicional como consecuencia do aumento de rendas dos traballadores.

Pola súa banda, a análise en termos de microeconomía reflicte na súa simulación incrementos de consumo superiores ao 5% para os produtos da pesca de baixura; do 3,4% na de litoral e do 3,2% para os que captura a frota de altura; do 6,5% para a de litoral; e un incremento por riba do 4% para o consumo da produción da acuicultura.

R., 2023-11-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (eclipse-2026-xunta.jpg) A Xunta habilitou hoxe un apartado específico dentro da páxina web de MeteoGalicia para facilitar o acceso e as consultas relacionadas coa predición do tempo en todos os concellos galegos durante a xornada da eclipse solar, prevista para o vindeiro día 12 de agosto. Galicia será unha das rexións nas que mellor se poderá observar este fenómeno astronómico de carácter excepcional, aínda que non en todas as zonas se apreciará por igual. De feito, no espazo web dedicado ao tempo durante a eclipse hai un mapa con todos os concellos sobre o que se indica en cales será total e en cales se verá de forma parcial.
Foto de la tercera plana (camino-litoral.jpg) Co obxectivo de pór en valor os máis de 2.555 quilómetros de litoral que posúe Galicia, a Xunta ven de lanzar o Camiño do Litoral. Trátase dun itinerario único que discorre por 78 municipios costeiros a través de 52 etapas, concibido para ofrecer unha alternativa de turismo sustentable e amosar a convivencia entre a conservación ambiental e o desenvolvemento socioeconómico da zona. Esta gran ruta vertebradora, que xurde como unha das medidas clave ao abeiro da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, conecta espazos naturais, vilas mariñeiras e un rico patrimonio.

Notas

Espazos Sonoros regresa un ano máis cunha programación que volve propoñer un diálogo entre música e patrimonio, convidando o público a descubrir espazos de especial valor histórico e cultural da provincia da Coruña a través da experiencia artística. Organizado polo departamento de Patrimonio da Deputación da Coruña, o ciclo desenvolverase entre o 5 de setembro e o 8 de outubro.
Cada día, unha parte importante da enerxía que consome a industria termina perdéndose en forma de calor. Entre un 25 % e un 55 % disípase a temperaturas próximas aos 200 °C suficientemente elevadas como para aproveitar esa calor e convertela en electricidade. Recuperar ese potencial enerxético é un dos desafíos da industria para avanzar cara a procesos máis eficientes e sostibles.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES