Noticias

A artista internacional do mundo da arte urbana Lady Pink chega a Galicia da man do programa Xuventude Crea

Lady Pink naceu en Ecuador e creceu en Nova York. Cando comezou a escribir graffiti aos 15 anos, axiña se deu a coñecer como a única muller capaz de competir cos rapaces na subcultura do graffiti durante o período 1979-1985. Comezou a expoñer obras en galerías cando aínda estaba no instituto e con 21 anos realizou a súa primeira exposición individual. Os lenzos de Lady Pink entraron en coleccións como o WhitneyMuseum, o MET NYC, o Brooklyn Museum, a Tate Modern de Londres, o MoMA NYC, o Museum of Fine Art de Boston e moitos outros. Creadora de murais en todo o mundo, na actualidade realiza obradoiros de murais con estudantes e dá conferencias activamente en universidades dos Estados Unidos.

A Xunta de Galicia organiza esta fin de semana unha ampla programación centrada na difusión da arte urbana, poñendo o foco no papel da muller neste ámbito, coa participación de persoas de relevancia no panorama galego, nacional e internacional. No marco do programa Xuventude Crea, a recoñecida artista Lady Pink chega a Galicia da man deste programa do Goberno galego e, deste xeito, protagonizará un evento este venres 20 no CGAC a partir das 18.00 horas.

Previamente á súa charla organizarase un coloquio no que estarán presentes a graffiteira galega Sax; a comisaria do festival Delas Fest, Clara Rodríguez Cordeiro; o comisario e director da galería “Canal Gallery” de Barcelona, Balu; e a doutoranda de Historia da Arte e comisaria de exposicións, Amabel González Troncoso.

A maiores, o sábado 21 terá lugar a final da especialidade de Arte Urbana do Xuventude Crea 2023, na que 8 mozos e mozas farán os seus traballos en directo no centro da Alameda compostelá. Nesta ocasión, Lady Pink asistirá como xurado convidada, o que favorece o recoñecemento e relevancia dun certame que leva, desde 2010, promovendo a creatividade e talento da mocidade en diferentes disciplinas artísticas.

Lady Pink, artista pioneira do graffiti

Lady Pink naceu en Ecuador e creceu en Nova York. Cando comezou a escribir graffiti aos 15 anos, axiña se deu a coñecer como a única muller capaz de competir cos rapaces na subcultura do graffiti durante o período 1979-1985. Comezou a expoñer obras en galerías cando aínda estaba no instituto e con 21 anos realizou a súa primeira exposición individual.

Os lenzos de Lady Pink entraron en coleccións como o WhitneyMuseum, o MET NYC, o Brooklyn Museum, a Tate Modern de Londres, o MoMA NYC, o Museum of Fine Art de Boston e moitos outros. Creadora de murais en todo o mundo, na actualidade realiza obradoiros de murais con estudantes e dá conferencias activamente en universidades dos Estados Unidos.

R., 2023-10-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES