
Precisamente sobre a aplicación Galicia Nomeada, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades quixo poñer de relevo o apoio da Xunta de Galicia, pois é un proxecto que está a traspasar as fronteiras galegas, xa que diversas comunidades autónomas contactaron con nós para poder replicala e implicar a súa poboación como o estamos a facer nós. Ademais, Valentín García repasou as cifras desta plataforma na que, desde a súa creación a finais do 2019, unhas 3.200 persoas colaboradoras achegaron preto de 70.000 microtopónimos, o que salienta a implicación dos galegos e galegas na recuperación da toponimia, un motivo de orgullo para nós e unha motivación para seguir traballando neste campo con proxectos como este.
Pola súa banda, o presidente da RAG destacou que este programa procura implicar todos os axentes sociais, desde a veciñanza aos centros de ensino, para entre todos recuperar o noso patrimonio e deixármolo de legado para os que veñen detrás.
No acto de presentación, que tivo lugar na Fundación Luis Seoane na Coruña, tamén participou o coordinador técnico de Galicia Nomeada, o filólogo da Real Academia Galega Vicente Feijóo, quen será o encargado das accións formativas. Coas novas charlas previstas para este outono, Toponimízate sumará xa 82 concellos visitados ao longo das súas seis edicións.
Calendario e contido das charlas
Os 12 concellos aos que chegará Toponimízate 2023 comparten unha característica común: en ningún deles se completou o traballo do proxecto Toponimia de Galicia, polo que aínda non se recolleu unha parte importante da microtoponimia do seu territorio. Ademais, dous deses 10 concellos, Becerreá e Maceda, non incluíron aínda ningún microtopónimo na aplicación Galicia Nomeada, o que aumenta a urxencia de levar a cabo a recolleita.
Durante as charlas, Vicente Feijóo incidirá na riqueza toponímica que posúe todo o territorio galego e dará conta do significado dos nomes de parroquias e aldeas de cada concello, para o que conta coa colaboración do académico de número Gonzalo Navaza. No tocante ao funcionamento de Galicia Nomeada, o público aprenderá como empregala tanto para incorporar nomes de corredoiras, chousas ou penedos como para rexistrar lendas ou outras tradicións orais vinculadas a eses lugares.
O concello de Friol, en Lugo, será o escenario escollido para abrir a campaña este mércores ás 12,30 h no Centro Sociocultural. Despois, Toponimízate 2023 percorrerá entre outubro e decembro Becerreá, Vila de Cruces, Tui, Trasmiras, Padrón, Amoeiro, A Pobra do Brollón, Dumbría, Maceda, Ponte Caldelas e Narón.
A axenda completa cos horarios e lugares das xeiras pode consultarse na axenda de Cultura e no Portal da Lingua Galega.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.