Noticias

A Xunta de Galicia prevé chegar en 2023 aos 6 millóns de viaxes gratis en transporte público para menores de 21 anos, 1 millón máis que en 2022

A Xunta fixase como obxectivo que para o remate do ano 2023, os mozos e mozas galegos menores de 21 anos teñan feito 6 millóns de viaxes no transporte público autonómico de xeito totalmente gratuíto, o que suporá 1 millón de viaxes máis que no ano 2022. Estes datos foron revelados na presentación da campaña 'Móvome', que ten como obxectivo fomentar o uso do transporte público na nosa comunidade, para así axudar a consolidar un modelo de mobilidade máis sostible, accesible e económico para a cidadanía.

A campaña 'Móvome' ofrece unha imaxe moderna e fresca do transporte público galego, un camiño de presente e de futuro. A día de hoxe, arredor de 150.000 mozos e mozas da nosa comunidade desfrutan de desprazamentos gratuítos no transporte público galego, o que supón unha aforro medio mensual de case 500.000 €. A Xunta destina cada ano preto de 100 millóns de euros ao transporte público autonómico, uns 300.000 euros cada día.

Esta campaña contempla ademais a renovación de preto de 3.500 liñas de transporte interurbano, incrementando o número de localidades ás que chega o autobús, e fomentando novas modalidades como o trasporte compartido ou baixo demanda. En canto ás infraestruturas, a renovación chega ás estacións intermodais nas cidades e á intermodalidade nas vilas.

Por outra banda, cabe destacar os incentivos económicos directos aplicados a través das tarxetas de Transporte Público de Galicia, e as bonificacións que desde hai máis dun ano chegan ao 50%.

Todas estas medidas fixeron que no primeiro semestre do ano 2023 o transporte público galego rexistrase 18 millóns de viaxes, un 17% por enriba das cifra acadadas no primeiro semestre de 2022. No verán este incremento continuou en progresión, cun 30% máis de viaxeiros en xullo de 2023 que no mesmo mes de 2022.

Tres son os principais motivos principais que explican a revalorización actual do transporte público: o contexto climático (cómpre reducir os niveis de contaminación), a dispersión da poboación (requírese unha oferta de servizos que garanta a mobilidade) e o encarecemento dos combustibles.

Así, a campaña 'Móvome' contribúe a incentivar o uso do transporte público como alternativa de mobilidade máis segura, limpa e accesible, mentres dá a coñecer o traballo feito para a súa renovación na nosa comunidade e para a mellora das infraestruturas, ademais dos beneficios concretos que ofrece o sistema xestionado pola Xunta.

R., 2023-09-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES