Noticias

Galicia rexistrou un mes de xullo seco e con temperaturas normais para este período

Galicia rexistrou un mes de xullo seco e con temperaturas normais para este período, segundo o avance do último informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia. Este período caracterizouse pola presenza dunha zona de aire frío en capas medias e altas da atmosfera no Atlántico norte que impediu que o anticiclón se movese cara ao norte, deixando a Galicia en zonas intermedias, con máis predominio anticiclónico, pero con achegamentos frecuentes de frontes atlánticas febles e sen aproximacións de masas de aire norteafricanas. Así, a anomalía media da temperatura para este mes, obtida a partir dos datos rexistrados en 11 estacións meteorolóxicas representativas, foi de 0,2 graos, o que fai que xullo poida considerarse como normal.

Máis polo miúdo, o valor medio das temperaturas máximas foi de 24,4 graos, rexistrándose os valores máis altos nas ribeiras do Sil, no Miño ourensán e na comarca de Verín, onde se chegaron a acadar os 31,6 grados. Pola contra, os valores máis baixos déronse nos puntos máis elevados da serra de Queixa e Serra do Eixe, nas que roldaron os 16 graos. No caso das temperaturas mínimas, a media foi de 12,7 graos. Os valores máis baixos rexistráronse nas serras de Larouco, Queixa e do Eixe -6,7 graos- e os máis altos en varios puntos do litoral, con ata 17,6 graos.

No que se refire ás precipitacións, a anomalía media, obtida en base aos rexistros de 16 estacións meteorolóxicas significativas, foi un 43% inferior ao valor climático normal, polo que este mes se pode considerar seco.

Deste xeito, a precipitación media acumulada foi de 23 l/m2, rexistrándose os valores máis elevados en áreas do oeste da provincia da Coruña con ata 145 l/m2, seguidas de áreas do suroeste desta provincia e do noroeste de Pontevedra, con preto de 100 l/m2. Pola contra, en puntos das comarcas ourensás de Verín e Viana localmente houbo entre 0 e 1 l/m2.

R., 2023-08-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (wos-festival-2025.jpg) A novena edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia reunirá 26 proxectos de música electrónica e experimental contemporánea, con propostas que transitan pola composición electroacústica, a música de club, a improvisación, a performance audiovisual e diferentes formatos híbridos. A programación destaca ademais pola súa dimensión internacional e polo carácter inédito de boa parte das propostas. Así, 13 dos 26 proxectos da programación principal chegarán a Santiago sendo estreas en España. Entre eles figura a presentación mundial do novo concerto audiovisual de Blood of Aza.
Foto de la tercera plana (a-serie-clopen.jpg) A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.

Notas

Charo Lopes (Boiro, 1988) é a gañadora do XXIII Premio González Garcés de Poesía, convocado pola Deputación da Coruña, coa obra 'O diálogo das siamesas', presentada baixo o seudónimo de María Dolores Oliveira. Charo Lopes é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (2010), titulada superior en Fotografía Artística pola ESAD Antonio Faílde (2012) e Máster en Literatura, Cultura e Diversidade pola Universidade da Coruña (2018).
Logo dos traballos desenvolvidos no Corro dos Mouros entre 2023 e 2025, a cuarta campaña de escavacións na parroquia de Santa María Madalena de Adai (Lugo), na propiedade da Asociación da Comunidade de Montes M.V.M.C. Vecinos de Adai, profunda agora en dous abrigos, un deles, coñecido como Pena Travesa, cun petróglifo con deseños complexos de cazoletas na parte superior da rocha.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES