
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación na Casa de Galicia en Madrid da décima edición do Festival Bal y Gay que levará este verán un total de 13 concertos a distintos espazos emblemáticos da Mariña lucense co apoio da Xunta de Galicia. No acto tamén participaron, entre outros, a directora do festival, Alba Rodríguez; o presidente da Fundación Xesús Bal y Gay, Enrique Rodríguez, e a directora da Fundación Banco Sabadell, Sonia Mulero.
O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades fixo mención á aposta do Goberno autonómico por esta cita musical que se aliña cos obxectivos do Plan Xeración Cultura, a folla de ruta do Goberno galego que aposta por fomentar o acceso e diversificación da programación cultural.
Anxo M. Lorenzo felicitou á organización polos seus 10 anos de vida, nos que levou por distintas localizacións da Mariña lucense con propostas de gran calidade que o ten convertido nun referente da música clásica do norte de España e por combinar de xeito moi acertado cultura e patrimonio en espazos tan emblemáticos como a Catedral de Mondoñedo ou a igrexa de Lourenzá.
Entradas dispoñibles
A décima edición do Festival Bal y Gay será do 10 ao 24 de agosto. Pasará por Viveiro, Alfoz, Foz, Ribadeo, Cervo, Mondoñedo, Lourenzá ou Barreiros e os concertos celebrarase en lugares como a fábrica de Sargadelos, a Catedral de Mondoñedo, Basílica de San Martiño de Foz, a Fortaleza Alfoz, a igrexa de Lourenzá, entre outros.
A Real Filharmonía de Galicia será a encargada de inaugurar a edición o 10 de agosto no Teatro Pastor Díaz de Viveiro cunha gala lírica dirixida por Maximino Zumalave. Os seguintes concertos correrán a cargo, entre outros, do cuarteto de saxofóns Kebyart, a soprano Rocío Pérez, a violonchelista Sara Ferrández, a pianista portuguesa, María Joao Pires, así como a Orquestra Sinfónica de Galicia. Tamén haberá concertos familiares, conferencias e obradoiros. Toda a información e a venta de entradas está dispoñible na web festivalbalygay.com.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.