
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe no CGAC na presentación da exposición Pisando Charcos de Almudena Fernández Fariña, coa que a Xunta continúa o seu traballo de divulgación e impulso da obra de artistas galegos de media carreira con distintas exposicións no CGAC. Un traballo que, indicou, iniciouse no 2016 con Berta Cáccamo e continuou coas mostras dedicadas a Álvaro Negro, Nicolás Combarro, Loreto Martínez Troncoso e Suso Fandiño. Ampliamos hoxe esta listaxe de artistas galegos cunha mostra indispensable para coñecer a prolífica e versátil traxectoria artística desta artista, expresou.
O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades explicou que se trata dunha exposición concibida como unha sucesión de diálogos entre a artista viguesa e algúns dos seus referentes. Invítanos a facer un percorrido polo seu traballo, descubrir novos significados e sentirnos partícipes, como espectadores, da súa creación, indicou. Recordou, ademais, a pertinencia desta mostra xusto no ano no que o CGAC conmemora o seu 30 aniversario, o que nos permite facer tamén un repaso da arte galega destas tres décadas.
Comisariada por Susana Cendán, a exposición está composta por fotografías, bordados, pezas cerámicas ou libros-obxecto. Repasa tamén a importancia que a artista lle outorga ao contexto e relación co lugar, algo evidente en varios dos seus proxectos que teñen en conta os distintos aspectos físicos e topográficos, formais, simbólicos, históricos, económicos e sociais que definen os espazos sobre nos que Almudena Fernández Fariña intervén. Estes proxectos foron recollidos nun vídeo documental que se proxecta nunha das salas.
Diálogo con San Domingos de Bonaval
A exposición completarase cunha intervención pictórica que se instalará en xullo no vestíbulo do CGAC. Un diálogo entre o minimalismo do espazo do CGAC ideado por Álvaro Siza e o barroquismo do convento de San Domingos de Bonaval. Partindo dunha folla de acanto esculpida na fachada do convento, a artista descontextualiza, sintetiza, repite e expande o motivo e dótao dun papel ornamental que explora a dimensión explicitamente decorativa da pintura.
Anxo M. Lorenzo animou a visitar a mostra, que estará aberta ata o 10 de setembro, para coñecer así a proposta artística de Almudena Fernández Fariña, viguesa e docente da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. A súa obra está representada en coleccións públicas e privadas e foi recoñecida con numerosos premios e bolsas entre os que destaca.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.