
Tras lembrar que Galicia xa remitiu a comezos de marzo a súa solicitude para optar aos fondos que o Ministerio prevé destinar este ano ao lobo, do Campo ratificou ante a Comisión estatal que a Xunta solicita 2,41 millóns de euros da partida reservada a medidas preventivas e outros 1,95 millóns para compensar ao gandeiros polos danos sufridos nas súas explotación e cabezas de gando.
En todo caso e tendo en conta que a distribución autonómica se concretará na próxima Conferencia sectorial con convocatoria prevista para mediados deste mes, a directora xeral aproveitou a reunión para expoñer a súa inquedanza ante o atraso co que o Goberno central abordará un ano máis este reparto territorial.
Neste sentido, advertiu de que o traspaso dos fondos para o lobo previstos nos orzamentos de 2023 non se poderá facer ata a segunda metade do ano o que dificultará a súa xestión e execución, algo que, segundo recordou, xa ocorrera o ano pasado, cando as primeiras transferencias efectivas se fixeron no mes de setembro.
Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.