Noticias

Primeiras figuras do sector musical como Rodrigo Cuevas comparten a súa experiencia na aceleradora Sonemerxente

Avanza así a primeira das dúas etapas que conforman Sonemerxente, no marco da que os participantes xa tiveron a oportunidade de afondar en diferentes facetas chaves para o desenvolvemento dunha carreira musical xunto a Paco Loco, produtor de Enrique Bunbury, Mikel Erentxun, Nacho Vegas ou Lori Meyers, entre outros moitos; a avogada Lucía Sánchez, filla do mítico guitarrista Paco de Lucía e especializada en dereito audiovisual e propiedade intelectual, e Patricia Portela, da axencia de comunicación cultural The Office.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta, Jacobo Sutil, asistiu esta mañá nos Estudios Mans da Coruña á apertura da sesión de mentorización que o cantante, compositor, músico e DJ asturiano Rodrigo Cuevas está a desenvolver xunto aos artistas seleccionados para participar na aceleradora musical Sonemerxente, iniciativa posta en marcha pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades baixo a xestión da Fundación Paideia.

Sutil animounos a aproveitar a oportunidade de aprender e avanzar nos seus respectivos proxectos musicais durante esta primeira fase do programa, que está a poñer á súa disposición sesións de titorías grupais e personalizadas da man de primeiras figuras do sector. É o caso de Rodrigo Cuevas, coñecido artista multidisciplinar e “axitador floclórico” moi vinculado a Galicia, onde viviu varios anos e onde mantén colaboracións con nomes como Ortiga ou Baiuca, entre outros. A través dos seus traballos, cos que está a obter unha gran repercusión mediática, reivindica o rural e o folclore sen barreiras, que aborda desde a electrónica e o underground.

Avanza así a primeira das dúas etapas que conforman Sonemerxente, no marco da que os participantes xa tiveron a oportunidade de afondar en diferentes facetas chaves para o desenvolvemento dunha carreira musical xunto a Paco Loco, produtor de Enrique Bunbury, Mikel Erentxun, Nacho Vegas ou Lori Meyers, entre outros moitos; a avogada Lucía Sánchez, filla do mítico guitarrista Paco de Lucía e especializada en dereito audiovisual e propiedade intelectual, e Patricia Portela, da axencia de comunicación cultural The Office.

Outros dos nomes confirmados para impartir as titorías de Sonemerxente, con sesións programadas ata finais do mes de xuño, son Eva Planas, business manager de Richie Hawtin e produtora no Festival Sonar; Javier Limón, compositor e produtor de estrelas como Paco de Lucía, Caetano Veloso ou Alejandro Sanz; Unai Fresnedo, da axencia e discográfica independente Taste The Floor, que conta entre os seus artistas con Quevedo, Natos y War, e Ayax y Prok; Alberto Cantúa, de Vive Suecia; Ángel Medina, enxeñeiro de son e masterización, ou Mariana Carballal, actriz e directora de cine.

Unha decena de novos artistas da escena musical galega como Adrian Timms, Anahí, Helena Egea, Hydn, Law, Moito!, Mondra, Paraíso Canto, Samudra Trio ou Zeltia Irevire están a participar nas diferentes accións desta primeira fase de aceleración de Sonemerxente, da que resultará a creación e gravación dos correspondentes produtos musicais, así como a elaboración dos seus plans de negocio.

Concertos e festivais

A segunda etapa dedicarase á promoción e á difusión a través da súa participación en circuítos de concertos, festivais, encontros cos medios de comunicación e asistencia a foros e mercados profesionais, dentro e fóra de Galicia, ademais de nun evento final de presentación das propostas con actividades de networking e reunións personalizadas.

A posta en marcha desta aceleradora musical no marco do Plan Xeración Cultura é o resultado dun proceso de diálogo co sector cara ao deseño de diferentes accións de apoio ao talento musical galego. A raíz del, en novembro de 2022 abriuse unha primeira convocatoria na que se seleccionou a Fundación Paideia como entidade colaboradora na xestión deste programa, para o que se conta co financiamento dos fondos Next Generation e do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.

, 2023-04-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES