
Así o sinalou na inauguración do encontro científico-empresarial Beneficios Nutricionais do Consumo de Peixe para a Saúde Pública, organizado pola Universidade de Vigo. Alí tamén explicou que ademais se organizarán diversos foros temáticos que baixo o título A Cociña do Mar percorrerán as grandes urbes galegas e abordarán temas como a sustentabilidade, a formación e investigación e a saúde.
Con estas accións e con encontros como o de hoxe, sinalou a titular de Mar, desde a Xunta buscamos que os consumidores sexan conscientes da importancia da elección de cada alimento para a saúde. Nesta liña, Rosa Quintana expuxo que o foro de hoxe permitirá afondar nas necesidades da cidadanía e contribuír a configurar unha dieta idónea para a saúde pública. Deste xeito, engadiu, representa un escaparate para demandar maior visibilidade e concienciación alimentaria.
A conselleira destacou ademais o labor sustentable dos profesionais do mar e o valor de campañas como Galicia sabe aMar para recoñecelo. Ao mesmo tempo lembrou outras iniciativas desenvolvidas pola Xunta como Ti si que es un bo peixe, Fai clic ao teu bocata, destinadas ao público infantil, e Vai de peixe, dirixida á poboación de entre 18 a 35 anos.
A maiores, a titular de Mar aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo do Grupo de Investigacións Agroambientais e Alimentarias da Universidade de Vigo na organización deste encontro, así como das organizacións de produtores de pesca e entidades colaboradoras que son: a OPP-07 de Burela, a OPP-08 do Porto e ría de Marín, a OPP-51 de Almadraba, a OPP-78 Artesanal del Estrecho, a OPP-66 de Pescadores de Carboneras S.C.A, Sealab e as empresas Espaderos del Atlántico e Mascato.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.