Noticias

Galicia viviu o outubro máis chuvioso dos últimos 9 anos, e as perspectivas meteorolóxicas de cara a combater a situación de seca son boas

Galicia viviu o outubro máis chuvioso dos últimos 9 anos e a Xunta avanza que as perspectivas meteorolóxicas de cara a combater a situación de seca son boas. A precipitación media acumulada en outubro foi de 226 l/m3 (un 37% superior ao valor climático normal), e ademais desde o punto de vista climatolóxico, novembro é o segundo mes máis chuvioso do ano, soamente superado por decembro, polo que, de cumprirse a previsión de normalidade, as chuvias serán bastantes cuantiosas nestas semanas. No que atinxe ás temperaturas, durante o pasado mes de outubro estiveron 3º C por riba da media climática 1981-2010 (17,5ºC fronte a 14,5ºC).

Galicia viviu o outubro máis chuvioso dos últimos 9 anos e a Xunta avanza que as perspectivas meteorolóxicas de cara a combater a situación de seca son boas, segundo avanzou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante unha visita realizada hoxe ás instalacións de Meteogalicia, na que estivo acompañada polo coordinador do organismo, Juan Taboada.

Nesa liña, logo de explicar que a precipitación media acumulada en outubro foi de 226 l/m3 (un 37% superior ao valor climático normal), Ángeles Vázquez incidiu en que, desde o punto de vista climatolóxico, novembro é o segundo mes máis chuvioso do ano, soamente superado por decembro, polo que, de cumprirse a previsión de normalidade, as chuvias serán bastantes cuantiosas nestas semanas.

No que atinxe ás temperaturas, durante o pasado mes de outubro estiveron 3º C por riba da media climática 1981-2010 (17,5ºC fronte a 14,5ºC). Esta situación débese a que a anomalía positiva da primeira quincena non puido ser revertida na segunda, xa que os episodios de chuvia chegaron con ventos de compoñente sur que mantiveron os termómetros en valores moi suaves.

Cómpre destacar que no que levamos de ano non houbo ningún mes frío e soamente os de marzo, abril e xuño se poden considerar normais. “O resto tiveron temperaturas por riba da media”, dixo Ángeles Vázquez.

Actividades educativas en Meteogalicia

Durante a súa visita ás instalacións de Meteogalicia, a conselleira coincidiu cun grupo de alumnos do CEIP Camiño de Santiago do Concello do Pino que participan nunha das actividades formativas que organiza a entidade, que prevé superar os 1.500 participantes ao remate do ano.

Nesa liña, Ángeles Vázquez puxo en valor “o traballo excepcional” que realiza Meteogalicia tanto para achegar a información meteorolóxica á cidadanía e afianzar a súa función de servizo público como para divulgar os coñecementos necesarios para a comprensión de cuestións relacionadas coa meteoroloxía e o clima. Un esforzo que contribúe á vez a proxectar o seu traballo a nivel nacional e europeo, onde xa está considerada unha das axencias máis importantes e punteiras dentro do seu campo.

Ángeles Vázquez concluíu salientando que os orzamentos da Consellería para 2023 reservan preto de 1 millón de euros para a mellora da rede de observación ambiental, prevención de riscos e análise sectorial de adaptación ao cambio climático. Entre as actuacións a financiar inclúese o mantemento de equipos como as estacións da rede da calidade do aire, pantallas de información meteorolóxica, entre outros.

R., 2022-11-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES