
Un deseño da lucense MÓNICA PEREIRA SAQUÉS, é o gañador do Certame convocado polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá para a elección do cartel anunciador da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, na súa XXVII edición, a celebrar o próximo mes de setembro.
O deseño de Mónica foi o elixido por unanimidade do Xurado entre os 28 presentados ó Certame. A súa autora recibirá o premio de 1.000 euros e trofeo, instituído neste concurso.
Formaron o Xurado:
JOSÉ RAMÓN GÓMEZ BESTEIRO,1º Tte. de Alcalde (en representación do Concello de Lugo)
MARIA JOSÉ VÁZQUEZ LORENZO, Deputada (En representación da Deputación Provincial de Lugo)
MANUEL GULÍN RODRÍGUEZ, en representación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo
RAMÓN SOILÁN PENAS, en representación de Caixa Galicia
E, por parte do Grupo fotocinematográfico Fonmiñá, MANUEL CURIEL FERNÁNDEZ, EDUARDO RODRÍGUEZ OCHOA, CARLOS RODRÍGUEZ ARIAS e XULIO XIZ RAMIL.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.