
A Xunta de Galicia presentou o primeiro Atlas da Paisaxe dos Camiños Xacobeos, que, segundo salientou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, supón unha publicación excepcional e de gran valor histórico.
Durante o acto de presentación, no que estivo acompañada pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a conselleira resaltou tanto o seu valor cartográfico como a compilación de 83 ortofotos históricas e actuais que permiten comprobar a evolución da paisaxe pola que discorren as diferentes rutas xacobeas ao longo dos últimos 50 anos.
Logo de explicar que tamén inclúe 241 fotografías nun volume de 770 páxinas agrupados en 65 capítulos, Ángeles Vázquez subliñou que todo este material de alta calidade plásmase nun formato único cunha narración a 4 páxinas en tres idiomas que, grazas ao fío condutor do Camiño de Santiago, permite coñecer as diferentes paisaxes galegas tanto naturais como construídas.
Deste xeito, este Atlas, do que están editados 500 exemplares, supón un un gran fito ao tratarse dun traballo detallado que permite facer un percorrido visual polos 1.500 quilómetros de Camiño que temos na Comunidade e dar a coñecer e poñer en valor a riqueza paisaxística galega.
Cómpre lembrar que 2022 está a ser un ano histórico no que atinxe ao número de peregrinos. No que levamos de ano xa se entregaron máis de 348.000 compostelas, cifra acadada en todo o ano 2019 -que xa fora récord- e superando as rexistradas no Xacobeo 2010.
Este Atlas, realizado polo Instituto de Estudos do Territorio, vénse sumar á Colección Paisaxe Galega, unha serie de publicacións á que se destina un investimento de máis de 750.000 euros e que, xunto con este novo formato presentado hoxe, conta tamén un visor interactivo con 52 rutas en bicicleta, e 12 guías monográficas, así como outras 6 en elaboración. O seu obxectivo é protexer as diferentes formas de paisaxe existentes na Comunidade, impulsando a súa conservación e o seu mantemento e ofrecendo criterios para a planificación e deseño das futuras intervencións sobre o territorio poñendo o foco no fermosismo galego.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.