
O ciclista galego Marcos Serrano impúxose nunha das últimas etapas do Tour de Francia, despois da victoria acadada o martes 19 de xullo por Óscar Pereiro, que foi o primeiro galego en gañar unha etapa da proba raíña do ciclismo mundial.
Como na anterior ocasión, Marcos Serrano tamén rebiu numerosas felicitacións. Entre elas, a do titular do Goberno galego, Manuel Fraga, que remitiu un telegrama de felicitación para transmitirlle a máis sincera noraboa en nome da Xunta de Galicia e de todos os galegos pola súa vitoria na XVIII etapa do Tour de Francia. Esta segunda victoria galega, con toda seguridade a máis importante da súa carreira como deportista, demostra o bo momento que está a vivir o ciclismo galego e, por suposto, o deporte galego, subliña Manuel Fraga.
O presidente da Xunta quixo así unirse ás mostras de felicitación que de seguro terá recibido o deportista galego e aproveitou a ocasión para amosarlle o orgullo de todo o pobo galego por contar cun deportista da súa valía e espírito de loita.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.