
O escritor e xornalista Alberto Ramos vén de alzarse coa XVI edición do Premio Narrativa Breve Repsol en lingua galega, pola obra Os Corpos de Romanov. Matthias Lentz, un certame que conta co apoio da Xunta de Galicia co fin de reforzar a creación de literatura en galego e promover o uso social da lingua.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que formou parte do xurado que esta mañá fallou o premio nun acto que tivo lugar na Real Academia Galega, agradeceu unha vez máis a organización e realización destes premios que impulsan desde fai xa 16 edicións a lingua galega e felicitou ao galardoado pola creación desta novela gañadora, chea de diversas tramas que encaixan entre si á perfección.
O acto do ditame contou tamén coa presenza de representantes das demais entidades impulsoras do premio: a directora da Refinería de Repsol na Coruña, Natalia Barreiro; o académico correspondente da Real Academia Galega, Ramón Nicola; o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro, e o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez. Sobre a novela galardoada, o xurado destacou a gran precisión do seu estilo así como a a presenza dun narrador solidario que apela á conciencia de quen le.
A dotación económica do premio ascende a 12.000 euros e inclúe a publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia.
O gañador
Alberto Ramos (Santiago de Compostela, 1986) é un xornalista e escritor. No ámbito do xornalismo exerceu na sección de Cultura do Xornal de Galicia e traballa como sinatura independente en medios como Praza, Nós Diario ou Luzes.
No ámbito da literatura, ten publicado as novelas Dor Pantasma (Biblos, 2006), obra premiada co Biblos-Pazos de Galicia; Con acuse de recibo (Biblos, 2010), título galardoado co premio de novela por entregas de La Voz de Galicia; Todos os días (Sotelo Blanco, 2013) obra coa que se fixo merecedor do Premio Vicente Risco de creación Literarias; Máscaras Rotas para Sebastián Nell (Galaxia, 2014), volume distinguido co Premio García Barros, e A simetría deas bestas (Urco. 2018), libro co que recuncou no certame Vicente Risco de Creación Literaria.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.