Noticias

O xurado do Premio Otero Pedrayo outorga o galardón deste ano a Ángel Carracedo pola súa traxectoria na investigación médica e científica

Este premio, instaurado en 1977, está promovido polo Goberno galego e as catro deputacións provinciais e ten como obxectivo perpetuar e honrar a memoria de Otero Pedrayo, recoñecer o labor de contribución eminente á cultura e promover os valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións. O profesor e investigador Ángel Carracedo naceu en 1955 no Concello de Santa Comba e é catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Conta cunha extensa traxectoria que o converteu nun dos xenetistas máis relevantes a nivel internacional.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participaron hoxe no Pazo de Mariñán na reunión do xurado do Premio Otero Pedrayo 2022, o galardón cultural máis lonxevo de Galicia, que este ano recaeu no catedrático de Medicina Legal, investigador e xenetista Ángel Carracedo. É a primeira vez que se recoñece con esta distinción unha traxectoria centrada na investigación médica e científica.

Este premio, instaurado en 1977, está promovido polo Goberno galego e as catro deputacións provinciais e ten como obxectivo perpetuar e honrar a memoria de Otero Pedrayo, recoñecer o labor de contribución eminente á cultura e promover os valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións.

Así, nesta edición, tívose en conta o importante papel da investigación científica e médica despois dos dous anos de pandemia. Neste ámbito, Ángel Carracedo representa unha figura privilexiada no ámbito da ciencia, cunha traxectoria que está a ser unha referencia na historia da investigación galega.

Relevancia internacional

O profesor e investigador Ángel Carracedo naceu en 1955 no Concello de Santa Comba e é catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Conta cunha extensa traxectoria que o converteu nun dos xenetistas máis relevantes a nivel internacional.

Entre outros cargos e títulos, desde o ano 1994 é director do Instituto de Medicina Legal da USC. Conta tamén na súa traxectoria co título de director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e do Centro Nacional de Xenotipado, presidente da Socidade Española de Farmacoxenética e Farmacoxenómica, vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal e presidente da International Society for Forensic Genetics.

As súas investigacións céntranse na xenética do cancro, as enfermidades psiquiátricas en idade infantil, as enfermidades raras e a farmacoxenómica. Relevante tamén é o seu papel como formador de novas xeracións de investigadores.

R., 2022-09-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES