Noticias

Presentado en Vilalba o libro LOIS PEÑA NOVO, 55 ANOS DESPOIS

En Vilalba, vense de presentar o libro LOIS PEÑA NOVO, 55 ANOS DESPOIS, publicado polo Colectivo Egeria co apoio da Xunta de Galicia e o Concello vilalbés. Na presentación tomaron parte a Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro; o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; o especialista en Peña Novo, Manuel Roca; o historiador Xosé Antón Pombo e o xornalista vilalbés, Presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz. O libro publícase aos cincuenta e cinco anos do pasamento do avogado vilalbés, o 24 de xullo de 1967, cando acudía a Vilalba á inauguración do Parador de Turismo, sufrindo en Robra, na Nacional VI un accidente mortal no que foron víctimas o avogado e político, a súa dona Ermitas Verdes, e un matrimonio amigo.

Xorde a idea do libro por descubrirse en Lugo dous manuscritos de Peña Novo de cadansúa conferencia o ano 1917. Os manuscritos son analizados por Manuel Roca; Pombo Mosquera sitúa a Peña Novo na Vilalba do seu tempo, e incorpórase unha biografía do persoeiro lembrado escrita polo vilalbés Bernardo García Cendán. (+)

NoticiaXulio Xiz recolle documentalmente a expulsión de Peña Novo da secretaría do concello de Lugo en agosto de 1936, e o longo proceso seguido para a súa rehabilitación moral (1993-2003), chegando a que Peña Novo teña en Lugo a rúa situada á beira do edificio do antigo Goberno Civil (hoxe, Delegación do Goberno), organismo do que nos anos cincuenta do pasado século Peña Novo intentou infructuosamente ser reposto no escalafón de Secretarios de Administración Local, do que fora borrado.

Complétase o libro con cadanseu traballo de Alfonso Blanco Torrado, sobre o papel deste avogado na sociedade da Chaira; de Xosé González, Presidente da Fundación Peña Novo, e de Xosé de Cora (Album de los Lucenses), resumindo vida e obra deste especial vilalbés, destacado político hasta 1936, represaliado daquela e que vivíu en silencio -traballando como destacado avogado que era – o resto da súa vida activa.

(Nas fotografías, portada do libro e rúa na cidade de Lugo dedicada a Lois Peña Novo)

R., 2022-09-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES