Noticias

O Gaiás despide a mostra 'Obxectos de desexo', que inclúe icónicas obras da arte surrealista e do deseño do último século

A Cidade da Cultura despide a exposición 'Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020' que xa colleitou preto de 30.000 visitas desde a súa apertura no mes de abril. A mostra ofrece a posibilidade de contemplar unha das antoloxías sobre deseño contemporáneo e arte surrealista máis sobresaíntes. Este proxecto exhibe unha escolma de 280 obras que inclúe pinturas, esculturas, obxectos ou fotografías, pezas asinadas por artistas tan significativos como Man Ray, Le Corbusier, Salvador Dalí, Giorgio de Chirico, Meret Oppenheim, Ray Eames ou Frederick Kiesler, entre outros.

A Cidade da Cultura despide este domingo a exposición Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020 que xa colleitou preto de 30.000 visitas desde a súa apertura no mes de abril. A mostra ofrece a posibilidade de contemplar unha das antoloxías sobre deseño contemporáneo e arte surrealista máis sobresaíntes.

Froito da colaboración entre o Goberno galego, a Fundación ”la Caixa” e o prestixioso Vitra Design Museum, este proxecto chegou a Galicia no marco do Xacobeo 21-22. Exhibe unha escolma de 280 obras que inclúe pinturas, esculturas, obxectos ou fotografías, pezas asinadas por artistas tan significativos como Man Ray, Le Corbusier, Salvador Dalí, Giorgio de Chirico, Meret Oppenheim, Ray Eames ou Frederick Kiesler, entre outros.

Comisariada polo director do Museo Vitra, Mateo Kries, Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020 conta co patrocinio de Hugo Boss e o apoio de Art Mentor Foundation Lucerne. Ademais das pezas do Vitra Deign Museum, exhibe obras da Fundación Le Corbusier (París), a Fondazione Giorgio e Isa De Chirico (Roma), o West Dean College británico ou o Museo Den Bosch de Holanda.

Tras a súa estancia en Compostela, esta mostra que xa itinerou por cidades españolas como Madrid ou Barcelona, viaxará a Londres, onde poderá visitarse a partir de outubro no prestixioso London Design Museum.

Un diálogo entre arte e deseño

O surrealismo, despois de presentarse en 1924 co Manifesto surrealista de André Bretón, animou a moitos deseñadores a cuestionar o funcionalismo, e a concibir pezas que rompían coa rutina e escapaban do cotián. Inspirados polos principios deste movemento, os creadores comezaron a alterar obxectos cotiás, facéndoos máis fantasiosos, oníricos, terroríficos ou emocionais. A influencia do surrealismo sobre o deseño estendeuse desde o mobiliario e o deseño de interiores ata a moda, o cinema ou a fotografía.

A exposición enmárcase no acordo de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fundación ”la Caixa” que posibilitou visitar na Cidade da Cultura mostras como Cinema e emocións. Unha viaxe á infancia –con fondos da Cinémathèque française– e Faraón. Rei de Exipto –con obras do British Museum–.

Con entrada de balde, a mostra pode visitarse ata este domingo en horario de 10,00 a 20,00 horas. O Gaiás ofrece un programa de visitas comentadas gratuítas nas que cómpre reservar praza a través da web da Cidade da Cultura de Galicia.

Xunto a esta mostra, o Museo acolle o proxecto de realidade virtual Carne y Arena de Alejandro G. Iñárritu e a exposición A Vía da Prata. Aires do Sur, con fotografías de Carmenchu Alemán, Cristina García Rodero ou J. M. Castro Prieto, entre outros.

R., 2022-08-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES