Noticias

A Xunta sinala os niveis de alerta por vaga de calor para diversas zonas da Comunidade galega

A presencia continuada dunha masa de aire cálido sobre a Península, con orixe no norte do continente africano, xunto co bloqueo que exercen as altas presións estacionarias que se estenden dende os Azores ata o noroeste de Galicia, provocan un requecemento do aire. Unha situación que trae temperaturas moi elevadas, especialmente na metade sur da Comunidade. O martes comeza a debilitarse a barreira anticiclónica así que non se descarta a progresiva entrada de aire algo máis húmido que favorecerá a formación de néboas no litoral de Pontevedra, así as temperaturas descenderán lixeiramente nesas áreas. Na xornada do mércores, a retirada do anticiclón favorecerá a entrada de aire atlántico provocando descensos xeneralizados das temperaturas.

A Xunta de Galicia, a través do seu Comité de Plan de Calor e no marco do Plan de Actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, vén de declarar a situación de alerta:

1. Por episodio de calor nivel 2 nas seguintes zonas:
•Toda a provincia de Pontevedra, durante 2 días, coa previsión de que o episodio remita na xornada do martes.
•Toda a provincia de Ourense,durante 3 días, remitindo dende o mércores segundo as estimacións actuáis.

2. Por episodio de calor nivel 1 nas seguintes zonas:
•Zona interior da Coruña, durante 2 días, coa previsión de que o episodio remita na xornada do martes. A zona engloba os concellos de: Ames, Aranga, Arzúa A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, A Capela, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa, Melide, Mesía, Monfero, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, As Pontes de García Rodríguez, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Vilasantar
•Zona da montaña de Lugo, durante 3 días, remitindo dende o mércores segundo as estimacións actuáis. A zona engloba os concellos de: Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos, Triacastela

Comentario da situación facilitado por MeteoGalicia

A presencia continuada dunha masa de aire cálido sobre a Península, con orixe no norte do continente africano, xunto co bloqueo que exercen as altas presións estacionarias que se estenden dende os Azores ata o noroeste de Galicia, provocan un requecemento do aire. Unha situación que trae temperaturas moi elevadas, especialmente na metade sur da Comunidade. O martes comeza a debilitarse a barreira anticiclónica así que non se descarta a progresiva entrada de aire algo máis húmido que favorecerá a formación de néboas no litoral de Pontevedra, así as temperaturas descenderán lixeiramente nesas áreas. Na xornada do mércores, a retirada do anticiclón favorecerá a entrada de aire atlántico provocando descensos xeneralizados das temperaturas.

Sistemática de intervención

O Comité de Plan de Calor está formado, ademáis de pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde, pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e polas consellerías de Política Social e Xuventude e de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Este plan, que está operativo dende o 1 de xuño, establece as medidas necesarias para reducir os efectos na saúde asociados ás altas temperaturas, os sistemas de previsión, alerta e comunicación a utilizar, e, ademais, define unha sistemática de intervención segundo os niveis de alerta establecidos. Por outro lado, establece as canles de coordinación interinstitucional entre as unidades competentes nesta materia.

Neste plan, os medios de comunicación e toda a cidadanía e organismos que que constitúen a rede social de apoio existente á poboación máis vulnerable, son pezas básicas para evitar na maior medida posible danos á poboación.

Recomendacións

Sanidade quere, así mesmo, facer chegar á cidadanía unha serie de consellos que poderán ser moi útiles para estes días de calor.

Beberase máis líquido do habitual sen esperar a ter sede, sobre todo auga e zumes de froita lixeiramente fríos.

Deberase evitar inxerir bebidas quentes, alcohólicas, café, té e as moi azucradas. Así mesmo, comeranse verduras e froitas e evitaranse as comidas copiosas.

Respecto da vestimenta, Sanidade recomenda usar roupa de tecidos naturais, lixeira e folgada, de cores claras, sombreiros, lentes de sol e cremas protectoras solares. O calzado deberá ser cómodo, fresco e que transpire.

No interior dos edificios permanecerase, a ser posible, en espazos ventilados ou acondicionados, e utilizando as habitacións máis frescas da vivenda. Durante o día, baixaranse as persianas e pecharanse as xanelas, abríndoas pola noite para ventilar. Así mesmo, poderán utilizarse ventiladores. Nos momentos de calor máis intensa refrescarase o corpo cunha ducha ou cun baño en auga morna. Ademais, procurarase eludir as aglomeracións de persoas en locais sen aire acondicionado.

No exterior dos edificios evitaranse, na medida do posible, as actividades nas horas máis calorosas, reducirase a actividade física, procurarase buscar as sombras e, cando se estacione o coche, non se deberá deixar no interior nin a nenos nin a persoas maiores, nin a ningún animal de compaña.

Así mesmo, convén non ir á praia nas horas de máxima calor (mediodía e as primeiras da tarde). Asemade, Sanidade sinala que nunca se debe quedar durmido tomando o sol. Respecto das cremas de protección, utilizaranse as de maior protección posible, e nunca inferior a quince.

Recorde que, si ten parentes ou veciños que vivan sos, é convinte facerlles un seguimento especial estes días, co fin de comprobar que adoitan as medidas recomendadas e o seu estado de saúde é o habitual.

R., 2022-08-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) Foron presentadas as xornadas Galicia Biodays, que buscan posicionar Galicia como un territorio de referencia en innovación biotecnolóxica no ámbito internacional. Este evento vaise celebrar os días 6 e 7 de maio no Auditorio Mar de Vigo, e permitirá reforzar a marca Galicia Calidade en biotecnoloxía, fomentar o intercambio de coñecemento e establecer novas colaboracións científicas, empresariais e institucionais. Está previsto que asistan máis de 1000 persoas de 9 biorrexións convidadas, con máis de 130 relatores.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) Alfonso Rueda informou de que o Consello deu conta do inicio da tramitación do anteproxecto da que será 'a primeira Lei do terceiro sector da acción social de Galicia'. Unha norma que busca 'unificar nun único texto legal a regulación deste eido e recoñecer de xeito formal o seu traballo e o papel que xogan as entidades na sociedade galega'. A necesidade de aprobar esta lei xustifícase na importante presenza destas entidades en Galicia, preto de 1.500, -que constitúen 'unha auténtica rede de solidariedade', segundo resaltou a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García-, para apoiar as persoas e fogares máis vulnerables.

Notas

A Universidade da Coruña acollerá do 10 ao 14 de agosto dous congresos internacionais, o Third Solar MHD Conference e o New Frontiers in Cosmology, coincidindo co fenómeno da eclipse. Dúas citas para especialistas na materia que contan coa colaboración da Universidade da Coruña.
Financiado pola convocatoria comunitaria Europa Creativa, o proxecto HYP-Hypothesis You Preserve, ten entre os seus obxectivos a creación dunha 'enciclopedia dixital colaborativa de historia alternativa', unha disciplina que propón reflexionar sobre que tería acontecido se determinados feitos históricos se tivesen desenvolvido dunha forma diferente.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES