Noticias

Galicia rexistra un total de 11.028 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.028 deles 2.354 son da área da Coruña, 1.313 da de Lugo, 1.384 da de Ourense, 1.280 da de Pontevedra, 2.182 da área de Vigo, 1.832 da de Santiago e 666 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 476 en unidades de hospitalización e 10.535 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 621.531 persoas curadas, rexistrándose 3.562 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.925.163. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.687.430.

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 naqueles casos que presenten síntomas leves de coronavirus, ou ben para resolver dúbidas relativas a covid-19. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Declaración responsable de autotest positivo e uso das máscaras

As persoas que obteñan un resultado positivo tras a realización dun autotest poderán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde. Así, terán a súa disposición dúas modalidades para poder facelo dun xeito sinxelo. En primeiro lugar, a través da aplicación SergasMóbil, tal e como se explica no seguinte vídeo, ou ben, chamando ao número de teléfono 881 540 045.

Así mesmo, lémbrase o carácter obrigatorio do uso da máscara en determinados espazos interiores, como son os centros, servizos e establecementos sanitarios; os centros sociosanitarios e o transporte público e de viaxeiros.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

R., 2022-06-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-00.jpg) Grandes expertos en viaxes en longa distancia, os habitantes do Pacífico levaron vidas cosmopolitas moito antes de que os europeos chegasen á rexión. Son considerados ademais uns artistas excepcionais que crean fermosos obxectos para a súa vida cotiá con elementos naturais como pedra, madeira, fibras ou cunchas. Abanos, anzois, tecidos, armas, canoas... cada obxecto está belamente traballado, con decoracións impregnadas dun significado espiritual e profundo: a arte forma parte de todos os aspectos da vida. Voces do Pacífico estrutúrase así en sete ámbitos temáticos que se achegan a diferentes aspectos da arte e as tradicións de Oceanía e que inclúen o tecido, a danza, a talla ou as tecnoloxías de navegación.
Foto de la tercera plana (wakeup-santiago.jpg) Foi presentado o Wake Up! SdC, que se celebra os días 5 e 6 de xuño en Santiago de Compostela. Tras catro edicións de gran formato celebradas na Coruña, o Wake Up! inicia unha nova etapa na capital de Galicia, coa Cidade da Cultura de Galicia como escenario, consolidándose como unha referencia dentro do circuíto estatal de música electrónica. O cartel ofrece algunhas das figuras máis recoñecidas da escena internacional e nacional, cun cartel encabezado por artistas de referencia como Ben Klock, Joris Voorn, Fatima Hajji, Ben Sims, Lee Ann Roberts ou Vendex, xunto a outros nomes destacados do panorama actual como Alarico, Future.666, The Lady Machine, Blasha & Allatt, Dax J ou Pawlowski.

Notas

Responsables desta iniciativa público-privada centrada en acelerar o desenvolvemento de novas terapias biolóxicas en oncoloxía e enfermidades inflamatorias inmunomediadas con necesidades clínicas non cubertas deron a coñecer os seus obxectivos e o plan de traballo a medio prazo. A Unidade Mixta sitúa SunRock como socio empresarial tractor do proxecto e como compañía responsable de orientar a xeración de resultados cara a decisións de desenvolvemento, valorización e licencia.
O grupo EPhysLab do Centro de Investigación Mariña da UVigo coordina o proxecto Aurora, centrado en mellorar a resiliencia, o deseño e a optimización das estruturas de protección costeira. O obxectivo é desenvolver e aplicar ferramentas de modelado numérico para abordar a estabilidade das unidades de blindaxe dos crebaondas ao tempo que se afonda na comprensión dos procesos físicos que desencadean a súa inestabilidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES