Noticias

Galicia acolleu e integrou no sistema educativo a máis de 500 nenos ucraínos desde o comezo da guerra

Do total de 504 alumnos ucraínos escolarizados en 186 centros educativo galegos a día de hoxe, 204 están en colexios e institutos da provincia da Coruña, 46 na de Lugo, 83 na de Ourense e 171 na de Pontevedra. A Xunta traballou desde o primeiro momento para artellar unha acollida ordenada aos desprazados, especialmente no ámbito escolar, onde se habilitou un procedemento extraordinario para a incorporación inmediata dos nenos ás aulas ao tempo que garantirlles os servizos gratuítos de transporte, comedor e material escolar necesario así como proporcionarlles ferramentas específicas para favorecer a comunicación co resto dos compañeiros e cos profesores.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade en funcións, Román Rodríguez, visitou esta mañá o colexio CEIP Paradai, en Lugo, onde están escolarizados tres dos máis de 500 nenos ucraínos desprazados a Galicia por mor da guerra, para compartir co equipo directivo e docente do centro a experiencia na atención a estes alumnos. Do total de 504 alumnos ucraínos escolarizados en 186 centros educativo galegos a día de hoxe, 204 están en colexios e institutos da provincia da Coruña, 46 na de Lugo, 83 na de Ourense e 171 na de Pontevedra.

Acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o titular de Educación aproveitou a visita para felicitar ao conxunto da comunidade educativa galega e, en especial, ao colexio Paradai, “polo exemplo de acollida e de integración” destes alumnos por parte dos seus compañeiros galegos, das familias e dos profesores. “Un proceso do cal, sen obviar as terribles circunstancias, cómpre destacar a parte positiva de solidariedade e de enriquecemento mutuo en todos os sentidos, e tamén a nivel educativo, do que debemos sentirnos orgullosos como cidadáns”, abondou.

De feito, sinalou ao CEIP Paradai como “un referente en inclusión e atención á diversidade” do alumnado, xa que o 54% do total de 311 alumnos cos que conta o centro son de orixe estranxeira, con 21 nacionalidades distintas.

O conselleiro lembrou que o Goberno da Xunta traballou desde o primeiro momento para artellar unha acollida ordenada aos desprazados, especialmente no ámbito escolar, onde se habilitou un procedemento extraordinario para a incorporación inmediata dos nenos ás aulas ao tempo que garantirlles os servizos gratuítos de transporte, comedor e material escolar necesario así como proporcionarlles ferramentas específicas para favorecer a comunicación co resto dos compañeiros e cos profesores.

Paralelamente a Consellería puxo á disposición dos centros educativos un modelo de Guía de Plan de Acollida para facilitar unha adaptación o máis efectiva posible do alumnado desprazado. Isto completouse cun espazo web específico sobre Ucraína con recursos e materiais didácticos deseñados para favorecer este proceso de adaptación e integración nas aulas.

Todos estes materiais foron elaborados coas achegas de orientadores así como dun grupo de traballo de profesionais do Comité Educativo e da Xunta Autonómica de Directores e de equipos directivos con experiencia previa en acollida de alumnado estranxeiro.

No apartado de apoio tecnolóxico, no marco do programa Educa en Dixital, todo alumno ucraíno que o precise pode dispoñer dun ordenador con conexión á rede con equipos configurados para os idiomas galego, castelán e ucraíno, e os teclados identificados con pegatinas específicas para a escritura en ucraíno.

R., 2022-05-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES