
O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á estrea do ciclo Mestre Mateo que se iniciou coa proxección do documental O Gran Camiño no cine Babylon de Berlín, grazas a colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e a asociación cultural galega De Berlín Son.
Máis dun centenar de persoas asistiron a esta estrea que tamén se realizou, de xeito simultáneo, noutros sete centros galegos do exterior: o Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires, o Centro Gallego de Montevideo, a Hermandad Gallega de Venezuela, o Instituto Cañada Blanch-Centro Galego de Londres, o Centro Gallego de Madrid, o Lar Gallego de Sevilla e o Centro Gallego de Tarragona.
Este ciclo conta cunha periodicidade mensual, exceptuando os meses de xullo e agosto. Visualizaranse así, dende marzo a decembro, os oito filmes finalistas nas categorías, tanto de mellor longametraxe como de mellor documental, nos premios Mestre Mateo
O secretario xeral da Emigración destacou a importancia da posta en marcha de iniciativas como esta que permiten difundir y promocionar a cultura e a lingua galega nos países de acollida da man da colectividade exterior e dar a coñecer o labor do sector audiovisual galego, que se atopa nun momento de gran crecemento e creatividade.
Neste senso, Rodríguez Miranda aproveitou tamén o acto para agradecer tanto a colaboración dos distintos centros galegos, en especial, neste caso a De Berlín Son, pola súa labor para promocionar este ciclo, como a propia Academia Galega do Audivisual por apostar por dar a coñecer o seu labor fora das nosas fronteiras. É de destacar o importante traballo realizado por estes oito centros galegos do exterior que, como aquí, en Alemaña, están a potenciar a nosa cultura entre o propio colectivo pero tamén entre os propios berlineses. Sen o seu apoio o éxito de hoxe non podería ser unha realidade, rematou o secretario xeral animando a todos a repetir experiencia o próximo mes de abril cunha nova proxección audiovisual.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.