
Na modalidade de deseño de xoias resultou vencedor Julián Rivas Pintos de Santiago pola obra Eles; mentres que Laura Formoso Caamaño, tamén de Compostela, con A túa nova casa recibiu o segundo galardón da categoría. O terceiro premio foi para Inés Cortizas Vázquez de Betanzos por Kukú.
Nesta edición de 2021, presentáronse un total de 12 obras na especialidade de moda e 28 obras na especialidade de deseño de xoias, o que supón a participación de 40 persoas, 26 mulleres e 14 homes residentes en Galicia, non profesionais e con idades comprendidas entre os 16 e os 30. A vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo Moledo, tomou parte na sesión xunto á directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel Toimil. Este é un proxecto que nos vincula coa xente moza do país e co seu talento, subliñou a vicerreitora, mentres que Pichel Toimil puxo o foco en que Xuventude Crea conforma unha plataforma para a escena artística da xuventude galega.
Trampolín
O programa Xuventude Crea que neste ano 2021 cumpre doce anos, é un certame de creadores novos que pretende estimular e apoiar a imaxinación, a creatividade e a innovación. Esta iniciativa pretende actuar como estímulo económico para a mocidade, pero ante todo quere ser un trampolín para mostrar as propostas da mocidade galega, un escaparate no que o público poida coñecer estes novos talentos e as súas obras nun amplo abano de especialidades, e tamén ofrecerlles a oportunidade de dar a coñecer o que fan, actuar como a canle de divulgación das inquietudes artísticas individuais e colectivas da xuventude galega, e fomentar entre os mozos/as actividades de ocio e tempo libre saudable.
Os premios en metálico para cada especialidade constitúen un estímulo económico para a mocidade: 3.000 euros o primeiro premio, 1.500 o segundo premio e 1.000 o terceiro premio. Pola calidade das obras, poden outorgarse mencións de honra, sen dotación económica. A mostra da Igrexa da Universidade permanecerá aberta ao público, con todas as medidas de seguridade, ata o 15 de xaneiro de 2022, de luns a sábado, en horario de 11.00 ás 14.00 horas, pola mañá, e de 17.00 a 20.30 horas, pola tarde.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.